O vindeiro sabado 3 de xuño a partir das 16:30 horas, arrincará o XII Trofeo Montes do Rosal organizado polo Club Ciclista O Rosal.
Competirán as categorías de Promesas e Principiantes que realizarán unha ximcana na Praza do Calvario, dando paso logo as outras categorías que con saída na Praza do Calvario continuando polas rúas Simón del Mazo, estrada da Morraceira, estrada de Gandarela, estrada de Santa Ana, Xesús Noia e de novo Praza do Calvario, donde os Alevíns percorrerán 4,8 kms., os Infantís11,2 Kms., Cadetes 24 kms. e Júnior 40 kms.
Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
martes, 30 de mayo de 2017
lunes, 29 de mayo de 2017
MINI-BTT DE PORRIÑO
Onte pola mañán cinco "rosaleiros" das categorías de escolas participaban e disfrutaban do MiniBTT que se celebraba no Velódromo de Porriño.
En Prebenxamíns Iker González acadaba o 10º posto mentras que en Principiantes Alvaro Gozález facía 47º e Irene Rodríguez 19ª en Féminas.
En Alevín Iker Rodríguez facíase co 36º posto e Luís Mendez co 18º en Infantíl.
Fotos de Porriño
lunes, 22 de mayo de 2017
EN BEMBRIVE TRES NOVOS PODIOS CON VITÓRIA DE PABLO
Onte domingo achegámonos até Vigo para competir no II Trofeo Entidade Local Menor de Bembrive con tres novos Pódios acadados pola nosa representación.
En Promesas era Roi Alvarez o que se facía co primeiro deles o rematar na terceira posición mentras que Lucas Alvarez era 11º e Iker González 12º
Pablo Rodríguez voltaba a demostrar que é o mais forte da categoría de Principiantes e se levaba unha vitória incontestable mentras que David Vicente era 9º e Alvaro González facía 12º.
En Alevíns, primeira volta discreta de Iker Rodríguez que logo se recuperaba e remataba 5º seguido de David Carnero 13º mentras que Rubén Carnero sofría unha avaría cando se atopaba nos postos de cabeza e víase obrigado o abandono.
Continuaban os Cadetes e Irea Villa acadaba unha meritória 5ª praza mentras que Mario Fernández tamén tiña problemas mecánicos e retirábase da carreira.
Remataba María Correa que en Féminas Júnior su facía co derradeiro Pódio o rematar 3ª.
Fotos da carreira
jueves, 18 de mayo de 2017
OS NOSOS NON FALLAN NA PISTA DAS FAIAS E LEVANSE CATRO PÓDIOS
Na carreira da casa demostramos a nosa fortaleza coas categoría de Escolas donde se colleitaban catro Pódios que quedaban repartidos como vos contamos:
En Promesas Roi Alvarez a piques estaba de subir o "caixón" o rematar no 4º posto mentras que Iker González era 9º.
Pablo Rodríguez era o que se levaba o triunfo en Promesas e David Vicente o o terceiro mentras que en Feminino Irene Rodríguez era a que voltaba o mais alto o facerse coa vitória.
En Alevíns emocionante derradeira volta a de Iker Rodríguez que atacaba dende lonxe para situarse en cabeza pero que na recta de meta era superado e se lle escapaba a vitória e remataba segundo.
En Infantís o millor "rosaleiro" era Luís Mendez que acadaba o 10 posto mentras que Adrián Alonso era 17º , David Rodríguez 21º e Yasir Martínez 22º.
Fotos de Alberto Rodríguez

miércoles, 17 de mayo de 2017
MEDALLA DE BRONCE DE MARÍA CORREA NOS CAMPIONATOS DE GALICIA
Campionatos de Galicia de Contrareloxo Individual disputados na mañán de hoxe na localidade ouresá de Baños de Molgas e grandísima carreira de María Correa que nun duro circuíto se facía coa Medalla de Bronce na categoría Júnior Feminino.
En Cadetes o 16º posto era para Mario Fernández e o 39º para Iago Alvarez mentras que en Feminino Irea Villa se quedaba co 9º.
En canto a outros ex do C.C. O Rosal, de novo Medalla de Ouro para Aser Estévez en Élite ademáis do 5º posto de Antonio Portela e o 17º de Raúl Fernández en Sub-23
BAÑOS DE MOLGAS

sábado, 13 de mayo de 2017
IREA VILLA SEGUNDA EN ROIS
Nunha mañán infernal pola choiva que caía sin cesar, os tres cadetes do C.C. O Rosal disputaban o 10º Trofeo Blanco Villar en Rois (A Coruña) .
Moi ben os tres pois Mario Fernández remataba no grupo de cabeza co 9º posto e Iago Alvarez un chisco mais retrasado no 13º.
Unha mágoa que despois de rematar no segundo posto de Féminas, Irea Villa non tiña recompensa o seu esforzo xa que o C.C. Padronés como organizador da carreira, non tiña premios para a categoría feminina.
Logo pola tarde o mesmo Clube organizaba nas beiras da canle do río Sar o Trofeo Esponsor donde por mor do mal tempo a ximcana de Promesas e Principiantes era cancelada e en estrada tan só competía Iker Rodríguez que na categoría de Alevín se facía co 9º posto.
miércoles, 10 de mayo de 2017
XXVI TROFEO PISTA DE AS FAIAS
O vindeiro mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Club Ciclista O Rosal organiza o tradicional Trofeo Pista de As Faias na que será a súa 26ª edición.
As competicións darán comenzo as 10:30 da mañán na que competirán as categorías de Promesas, Principiantes, Alevíns e Infantís donde esperamos que os nosos den o "dó de peito" e se fagan con variós dos trofeos que estrarán en disputa.

lunes, 8 de mayo de 2017
VITORIA DE PABLO E TERCEIRO POSTO DE IRENE EN BOIRO
Antesdonte sabado pola tarde a expedición rosaleira partía cara a Boiro para participar no 30º TROFEO PROMOCIÓN DO CICLISMO de donde viñan con dous Pódios.
Comenzaban os Promesas e nesta categoría suliñamos o debut en competición do máis "peque" do C.C. O Rosal que non é outro que Iker González que con catro anos (cinco nas vindeiras datas) era quién de acadar o 13º posto da categoría mentras que o seu compañeiro Roi Alvarez era 7º.
En canto os Principiantes era o favorito da categoría o que se levaba a vitória como é Pablo Rodríguez. David Vicente acadaría un óptimo 9º posto.
En Féminas Irene Rodríguez voltaba o Pódio do que nesta tempada debería ser unha asidua e colleitaba a terceira praza.
En Alevín Iker Rodríguez voltaba a ser o millor "rosaleiro" o rematar no 6º posto seguido de Ruben Carnero no 16º mentras que seu irmán David non clasificaba.
En Infantíl Sergio Vicente facía 12º mentras que tanto David Rodríguez como Adrian Alonso tampouco se clasificaban.
Remataba a categoría de Cadetes e Iago Alvarez era baixado da carreira mentras que Mario Fernández remataba 19º.
Mentras tanto en Zizurkil (País Vasco), María Correa tomaba parte na XIII EMAKUMEEN AIZTONDO SARI NAGUSIA puntuable para a Copa de España de Féminas pero foi unha mágoa que non coseguiu rematar a carreira.
lunes, 1 de mayo de 2017
TRES NOVOS PODIOS NA MAÑAN DE HOXE EN PORRIÑO
Na mañán de hoxe na Pista de Torneiros en Porriño era o 40º Trofeo Vila do Louro o que se disputaba e os nosos rapaces viñan para O Rosal con tres novos trofeos.
Os primeiros caían na categoría de Promesas donde os nosos dous representantes subían o "caixón", pois Roi Alvarez era 2º e Lucas Alvarez 3º.
En Principiantes a millor era Irene Rodríguez, 5ª en Féminas mentras que en Masculino Alvaro González era 8º, David Vicente 9º e Pablo Rodríguez 14º.
En Alevín gran debut de Iker Rodríguez que na súa primeira carreira na categoría acadaba o 2º posto seguido polos irmans Carnero Taveira que facían 15º Rubén e 22º David.
Remataba a categoría de Infantíl e aquí o millor "rosaleiro" era Sergio Vicente 18º seguido de Adrián Alonso 27º, David Rodríguez 43º e Yasir Martínez 44º.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)