O vindeiro sabado 3 de xuño a partir das 16:30 horas, arrincará o XII Trofeo Montes do Rosal organizado polo Club Ciclista O Rosal.
Competirán as categorías de Promesas e Principiantes que realizarán unha ximcana na Praza do Calvario, dando paso logo as outras categorías que con saída na Praza do Calvario continuando polas rúas Simón del Mazo, estrada da Morraceira, estrada de Gandarela, estrada de Santa Ana, Xesús Noia e de novo Praza do Calvario, donde os Alevíns percorrerán 4,8 kms., os Infantís11,2 Kms., Cadetes 24 kms. e Júnior 40 kms.
No hay comentarios:
Publicar un comentario