Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
lunes, 22 de mayo de 2017
EN BEMBRIVE TRES NOVOS PODIOS CON VITÓRIA DE PABLO
Onte domingo achegámonos até Vigo para competir no II Trofeo Entidade Local Menor de Bembrive con tres novos Pódios acadados pola nosa representación.
En Promesas era Roi Alvarez o que se facía co primeiro deles o rematar na terceira posición mentras que Lucas Alvarez era 11º e Iker González 12º
Pablo Rodríguez voltaba a demostrar que é o mais forte da categoría de Principiantes e se levaba unha vitória incontestable mentras que David Vicente era 9º e Alvaro González facía 12º.
En Alevíns, primeira volta discreta de Iker Rodríguez que logo se recuperaba e remataba 5º seguido de David Carnero 13º mentras que Rubén Carnero sofría unha avaría cando se atopaba nos postos de cabeza e víase obrigado o abandono.
Continuaban os Cadetes e Irea Villa acadaba unha meritória 5ª praza mentras que Mario Fernández tamén tiña problemas mecánicos e retirábase da carreira.
Remataba María Correa que en Féminas Júnior su facía co derradeiro Pódio o rematar 3ª.
Fotos da carreira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario