Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 25 de junio de 2017
VITÓRIA DE MARÍA E TERCEIROS POSTO DE IRENE E MARIO EN NEGREIRA
Boas novas as que trouxemos na tarde-noite de onte do coruñés concello de Negreira, pois de oito "expedicionarios", tres traían Trofeo.
O Promesa Roi Alvarez cometía un par de erros na súa ximcana que o relegaban o 9º posto da clasificación mentras que en Principiantes Féminas era Irene Rodríguez a que tamén cometía un erro, cousa que non lle impedía o acadar o terceiro posto do "caixón".
En Alevíns gran carreira de Iker Rodríguez que despois de comandar a mesma durante varias fases do percorrido, no esprint final cruzaba a liña de meta na 4ª posición.
En Infantís o combativo Adrián Alonso remataba na 20ª posición, librandose dos percances das derradeiras carreiras.
En Cadetes era Mario Fernández o que voltaba o Pódio despois de facer toda a carreira nos postos de cabeza e acadar o 3º posto nun apretadísimo esprint pola loita do 2º que caiu do lado de Brais Gómez (C.C. Ponteareas). Iago Alvarez sería 26º mentras que en Féminas Irea Villa se facía coa 6ª praza.
Remataba María Correa que en Júnior Feminino acadaba a vitória e segunda clasificada absoluta.
Fotos da carreira
Canal Youtube
domingo, 18 de junio de 2017
NO XIII TROFEO CLUB CICLISTA CANGAS VITÓRIA DE PABLO E TERCEIRO POSTO DE IRENE
Na mañán de hoxe domingo os nosos ciclistas traían para O Rosal dous novos trofeos, froito dos seus méritos no XIII Trofeo Club Ciclista Cangas celebrado nesta localidade do Morrazo.
O Promesa Iker González era o encarregado de abrir a competición dos "rosaleiros" e acadaba o 16º posto, feito que demostra que xa lle vai collendo o ritmo a competición.
En Principiantes de novo o favorito Pablo Rodríguez era o que se facía coa vitória, mentras que David Vicente se quedaba co 6º posto. A Fémina Irene Rodríguez era a que se facía co outro trofeo o rematar no terceiro posto do Pódio.
En Alevíns era Iker Rodríguez o noso representante, que realizando unha grande carreira remataba no 8º posto.
Remataban os Infantís e Sergio Vicente acadaba o 21º posto mentras que David Rodríguez era 23º e Adrián Alonso remataba 31º.
Mentras tanto onte sábado María Correa facía unha longa tirada para participar no VII Trofeo Ciclismo Femenino Gobierno de La Rioja puntuable para a Copa de España no que debido a diferenza coa cabeza de carreira, era baixada da mesma.
Fotos de Cangas
domingo, 11 de junio de 2017
XORNADA DE SÁBADO EN DUAS FRENTES
Onte poñían rumbo a Viveiro Adrán Alonso e Mario Fernández que pola mañán participaban no Gran Premio San Roque.
Mentras que Adrián acadaba o 26º posto en Infantís, Mario era 22º en Cadetes nesta carreira valedeira para o Trofeo Asturcantabrogalego con 200 participantes.
Xa logo pola tarde o VII MiniBTT Ría de Marín tamén desprazábamos varios dos "nosos"con estes resultados:
Iker González: 12º en Benxamíns
Alvaro González: 54º en Principiantes
Iker Rodríguez: 37º en Alevíns
Yasir Martínez: 29º en Infantís
domingo, 4 de junio de 2017
O XII TROFEO MONTES DO ROSAL SALDOUSE CON TRES NOVOS PÓDIOS
Con preto de 200 ciclistas incritos, o Club Ciclista O Rosal organizou na tarde de onte sabado o XII Trofeo Montes do Rosal.
Comenzaban os "ximcaneiros" e Roi Alvarez quedabase a un pasiño de subir o pódio o rematar na 4ª praza, mentras que Lucas Alvarez acadaba o 7º posto e Iker González o 18º.
En Principiantes o gran favorito para levarse o triunfo era Pablo Rodríguez e non nos defraudaba o conquistar o 1º posto. O que tamén realizaba unha grande proba era Alvaro González que compartía "caixón" con Pablo, concretamente na 3ª posición mentras que David Vicente remataba 8º. En Féminas era Irene Rodríguez quien tamen se quedaba as portas de acadar trofeo o rematar na 4ª posición.
Continuaban os Alevíns e nesta xornada o noso representante era Iker Rodríguez que loitaba nas primeiras posicións para acadar o 5º posto.
En Infantís os nosos representantes víanse afectados por unha caída e David Rodríguez retirabase da carreira mentras que Adrian Alonso recuperaba posicións para facerse co 19º posto.
En Cadetes gran carreira de Mario Fernández que fixo os 25 kilómetras da mesma sempre no grupo de cabeza para rematar no 7º posto, mentras que Iago Alvarez era 35º. En Féminas Irea Villa o igual que Mario, tamén se facía coa 7º praza.
Remataba María Correa que na categoría Júnior Feminino se facía con outra vitória que apuntarse o seu palmarés.
Fotos da Carreira
Video

Suscribirse a:
Entradas (Atom)