Na mañán de hoxe domingo os nosos ciclistas traían para O Rosal dous novos trofeos, froito dos seus méritos no XIII Trofeo Club Ciclista Cangas celebrado nesta localidade do Morrazo.
O Promesa Iker González era o encarregado de abrir a competición dos "rosaleiros" e acadaba o 16º posto, feito que demostra que xa lle vai collendo o ritmo a competición.
En Principiantes de novo o favorito Pablo Rodríguez era o que se facía coa vitória, mentras que David Vicente se quedaba co 6º posto. A Fémina Irene Rodríguez era a que se facía co outro trofeo o rematar no terceiro posto do Pódio.
En Alevíns era Iker Rodríguez o noso representante, que realizando unha grande carreira remataba no 8º posto.
Remataban os Infantís e Sergio Vicente acadaba o 21º posto mentras que David Rodríguez era 23º e Adrián Alonso remataba 31º.
Mentras tanto onte sábado María Correa facía unha longa tirada para participar no VII Trofeo Ciclismo Femenino Gobierno de La Rioja puntuable para a Copa de España no que debido a diferenza coa cabeza de carreira, era baixada da mesma.
Fotos de Cangas
No hay comentarios:
Publicar un comentario