Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 25 de junio de 2017

VITÓRIA DE MARÍA E TERCEIROS POSTO DE IRENE E MARIO EN NEGREIRA



Boas novas as que trouxemos na tarde-noite de onte do coruñés concello de Negreira, pois de oito "expedicionarios", tres traían Trofeo.

O Promesa Roi Alvarez cometía un par de erros na súa ximcana que o relegaban o 9º posto da clasificación mentras que en Principiantes Féminas era Irene Rodríguez a que tamén cometía un erro, cousa que non lle impedía o acadar o terceiro posto do "caixón".

En Alevíns gran carreira de Iker Rodríguez que despois de comandar a mesma durante varias fases do percorrido, no esprint final cruzaba a liña de meta na 4ª posición.

En Infantís o combativo Adrián Alonso remataba na 20ª posición, librandose dos percances das derradeiras carreiras.

En Cadetes era Mario Fernández o que voltaba o Pódio despois de facer toda a carreira nos postos de cabeza e acadar o 3º posto nun apretadísimo esprint pola loita do 2º que caiu do lado de Brais Gómez (C.C. Ponteareas). Iago Alvarez sería 26º mentras que en Féminas Irea Villa se facía coa 6ª praza.

Remataba María Correa que en Júnior Feminino acadaba a vitória e segunda clasificada absoluta.
Fotos da carreira
Canal Youtube

No hay comentarios:

Publicar un comentario