Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
lunes, 7 de agosto de 2017
VITORIA DE IRENE E TERCEIRO POSTO DE ROI EN CAMBRE
O pasado sabado día 5 no polígono do Espíritu Santo competíamos no Trofeo Concello de Cambre.
En Promesas era Roi Alvarez o que subía o Pódio no terceiro posto a pesar de cometer un erro na súa ximcana mentras que Lucas Alvarez era 12º.
En Principiantes Féminas chegaba a vitória de Irene Rodríguez, facendo o mesmo tempo 4ª na xeral absoluta coa categoría masculina.
En Alevín era Iker Rodríguez o que voltaba a loitar polo Pódio, pero éste escapabaselle nos derradeiros metros i entraba no 6º posto.
En Cadete Iago Alvarez facíase o 23º posto e Irea Villa en Féminas co 7º.
Mentras tanto o Cadete Mario Fernández cedido co Club Ciclista Padronés participaba na Volta Ciclista a Portugal Cadete donde nos ofrecía unha boa prestación.
Na primeira etapa do día 4 con inicio e final en Figueira da Foz remataba no 56º posto a 1:56 do vencedor; no día 5 era a segunda etapa entre Ferreiros e Curia (Anadía) donde remataba 23º co mesmo tempo do gañador. Rematábase esta Volta a Portugal o domingo 6 xa máis o norte con saída e chegada en Gondomar donde Mario chegaba no 53º posto a 3:12, quedando na Xeral Final 50º a 5:00 do vencedor.
FOTOS DE CAMBRE
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario