Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 13 de agosto de 2017

CATRO OS PODIOS ACADADOS ONTE EN CAMBADOS




Outra boa xornada para o noso plantel co gallo do 59º G.P. do Albariño de Cambados con catro novos Pódios.

O Promesa Lucas Alvarez era o primeiro en subir o "caixón" o facerse co segundo posto da categoría mentras que Roi Alvarez era 4º.

En Principiantes, de novo pablo Rodríguez demostraba que é o máis forte e vencía con claridade, mentras que dende Mougás chegaba o debutante Unai Fernández para alcanzar un grandísimo 4º posto que a piques estaba de levalo o Pódio. En Féminas Irene Rodríguez voltaba a mostrar que sempre é unha candidata os postos máis altos e non nos defraudaba o acadar o 3º posto.

En Infantís a pesar dunha primeira parte de carreira moi boa, Adrián Alonso quedábase coa 27ª posición e David Rodríguez coa 31ª.

En Cadetes o millor clasificado era Mario Fernández no 6º posto e Iago Alvarez chegaba a meta no 17º. Pola súa banda a Fémina Irea Villa remataba na 7º praza.

E para rematar era a Fémina Júnior María Correa a que se facía co derradeiro Pódio da xornada o acadar a vitória nesta categoría.
FOTOS DA CARREIRA

No hay comentarios:

Publicar un comentario