Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 24 de septiembre de 2017

DUAS NOVAS VITÓRIAS E UN SEGUNDO POSTO NO G.P. MILAGROSA


 

De novo regresabamos da capital lucense con moi bó sabor de boca despois de que na tarde de onte sabado a nosa representación que constaba de sete efectiv@s trouxese tres novos Pódios para o Baixo Miño.

Moi entonado saía a competir Roi Alvarez que na categoría de Promesas se facía cunha gran vitória da que xa era merecedor.

En Principiantes contamos outra vitória de Pablo Rodríguez que segue sen dar opción os rivais mentras que Unai Fernández de novo nos sorprendía o estar a piques de acompañar a Pablo no "caixón" o rematar no 4º posto. Na vertente Feminina de novo prémio para Irene Rodríguez que acadaba un segundo posto moi ben traballado.

Tamén boa a carreira de Adrián Alonso que na tarde de onte durante a carreira, se facía ver nos postos de cabeza para nas derradeiras volta ceder posicións e rematar no 24º posto.

Irea Villa era a nosa representante na categoría Cadete que acadaba o 7º posto en Féminas mentras que María Correa facía 2ª en Júnior en carreira compartida coa categoría Sub-23.
FOTOS DA CARREIRA

domingo, 17 de septiembre de 2017

NOVA VITÓRIA DE PABLO



Desta vez foi no Trofeo Festas de Setembro en Ponteareas donde Pablo Rodrígez voltaba a vencer na categoría de Principiantes nesta proba do día de onte sabado.

Mala sorte para os Promesas Roi Alvarez e Lucas Alvarez que sofrían sendas caídas sen consecuencias físicas cando marcaban os millores tempos, quedando relegados os postos 19º e 22º respectivamente mentras que Iker González era 32º.

En Principiantes como comentabamos, novo triunfo de Pablo seguido de Alvaro González 4º e Unai Fernández 8º mentras que a Fémina Irene Rodríguez se facía co 4º posto.

E para Iker Rodríguez tamén era o 4º posto na categoría de Alevíns mentras que Adrian Alonso era 31º en Infantís.

En Cadetes 26ª posición para Iago Alvarez e 7ª para Irea Villa en Féminas.




domingo, 10 de septiembre de 2017

EN MARÍN O C.C. O ROSAL TAMÉN ESTABA CON RAÚL

En Marín o Club Ciclista O Rosal non deixaba escapar a oportunidade de animar a Raúl Fernández e desexarlle unha pronta recuperación do accidente sofrido na antiga carretera dos Peares mentras adestraba. Estas mostras de cariño quedan patentes nas fotos que o seu ex-equipo lle adicou no Pódio de Marín. O dito: ¡¡¡¡¡FORZA RAÚL!!!!!.


 No plano deportivo cabe destacar a enésima vitória de Pablo Rodríguez na categoría de Principiantes, mentras que Alvaro González era 5º e Unai Fernández 7º. En Féminas de novo no "caixón" Irene Rodríguez que acadaba a terceira praza.

En Promesas Roi Alvarez facíase co 6º posto, Lucas Alvarez co 10º e Iker González co 20º.

En Alevíns 8º posto para Iker Rodríguez que de novo loitaba polas primeiras posicións mentras que Adrian Alonso acadaba o 24º posto en Infantís.
Video adicado a Raúl