Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 24 de septiembre de 2017

DUAS NOVAS VITÓRIAS E UN SEGUNDO POSTO NO G.P. MILAGROSA


 

De novo regresabamos da capital lucense con moi bó sabor de boca despois de que na tarde de onte sabado a nosa representación que constaba de sete efectiv@s trouxese tres novos Pódios para o Baixo Miño.

Moi entonado saía a competir Roi Alvarez que na categoría de Promesas se facía cunha gran vitória da que xa era merecedor.

En Principiantes contamos outra vitória de Pablo Rodríguez que segue sen dar opción os rivais mentras que Unai Fernández de novo nos sorprendía o estar a piques de acompañar a Pablo no "caixón" o rematar no 4º posto. Na vertente Feminina de novo prémio para Irene Rodríguez que acadaba un segundo posto moi ben traballado.

Tamén boa a carreira de Adrián Alonso que na tarde de onte durante a carreira, se facía ver nos postos de cabeza para nas derradeiras volta ceder posicións e rematar no 24º posto.

Irea Villa era a nosa representante na categoría Cadete que acadaba o 7º posto en Féminas mentras que María Correa facía 2ª en Júnior en carreira compartida coa categoría Sub-23.
FOTOS DA CARREIRA

No hay comentarios:

Publicar un comentario