En Marín o Club Ciclista O Rosal non deixaba escapar a oportunidade de animar a Raúl Fernández e desexarlle unha pronta recuperación do accidente sofrido na antiga carretera dos Peares mentras adestraba. Estas mostras de cariño quedan patentes nas fotos que o seu ex-equipo lle adicou no Pódio de Marín. O dito: ¡¡¡¡¡FORZA RAÚL!!!!!.
No plano deportivo cabe destacar a enésima vitória de Pablo Rodríguez na categoría de Principiantes, mentras que Alvaro González era 5º e Unai Fernández 7º. En Féminas de novo no "caixón" Irene Rodríguez que acadaba a terceira praza.
En Promesas Roi Alvarez facíase co 6º posto, Lucas Alvarez co 10º e Iker González co 20º.
En Alevíns 8º posto para Iker Rodríguez que de novo loitaba polas primeiras posicións mentras que Adrian Alonso acadaba o 24º posto en Infantís.
Video adicado a Raúl
No hay comentarios:
Publicar un comentario