Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 19 de noviembre de 2017
XX CICLOCRÓSS MONTES DE EIRAS E I CICLOCRÓSS POIO MÓVESE
Dobre cita ésta fin de semana co ciclocrós. Onte sabado organizamos o XX Trofeo Montes de Eiras e hoxe pola mañán competimos no I Ciclocróss Poio Móvese.
Nunha tarde soleada na Praia de Eiras, excelente cita co ciclocróss coa XX edicion do Trofeo Montes de Eiras organizado polo Club Ciclista O Rosal.
As 14:30 tomaban a saída as categorías de Promoción na que por parte do noso Clube tomaban parte Irene Rodríguez, Unai Fernández, Iker Rodríguez, Lucas Alvarez e Pablo Rodríguez.
A seguir foi a volta dos Cadetes e Luís Mendez acadaba o 11º posto mentras que Iago Alvarez se facía co 14º.
En Júnior Feminino era María Rodríguez a que se facía co 6º lugar mentras que en masculino Mario Fernández dábao todo para estar no Pódio pero tiña que conformarse co 4º posto.
Remataba Xoel Villa que na categoría de Sub23 acadaba o 5º posto.
********************************************************************************
Na mañán de hoxe atravesamos a Ría de Pontevedra para tomar parte no I Ciclocróss Poio Móvese donde Iago Alvarez clasificaba 18º en Cadete, Mario Fernández repetía o 4º posto de onte en Eiras na categoría Júnior e Xoel Villa que tamén repetía o 5º posto de onte.
FOTOS DE EIRAS
FOTOS DE POIO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario