Pouco mais dunha semana para a celebración do XX Trofeo Montes de Eiras de Ciclocróss que organiza o Club Ciclista O Rosal, valedeiro para a Copa de Galicia e puntuable para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo
Como de costume éste evento referencia no Baixo Miño, terá como escenerio o tradicional circuito da Praia de Eiras, un dos mais fermosos do calendario galego da especialidade.
Estarán en disputa os trofeos para as categorías de Máster (30, 40, 50 e 60), Cadete, Júnior, Sub-23 i Elite en masculino mentras que en feminino serán as categorías de Cadete, Júnior, Sub-23 i Elite as que loiten por acadar os primeiros postos das respectivas clasificacións.
Antes das competición oficiais tomarán a saídas as categorías inferiores de Promoción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario