Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 29 de abril de 2018
VITÓRIA DE IKER E TERCEIRO POSTO DE AITOR ONTE EN PONTEVEDRA
II Memorial Rogelio Acuña organizado polo Club Ciclista Farto na tarde de onte sabado na cidade de Pontevedra con dous novos pódios que engadir os da semana pasada en Monterroso.
Comenzaban os Promesas e aquí chegaba o primeiro pódio, e outra vez da man de Aitor Rodríguez que fai unha semana acadaba a vitória en Monterroso. Aitor era seguido polos seus compañeiros Lucas Alvarez no 6º posto, Iker González no 7º e os debutantes Diego Coimbra e Edgar Alonso nos postos 12º e 13º respectivamente. En Féminas a tamén debutante Saray Coimbra acadaba un estupendo 4º posto que a piques estaba de levala o pódio.
En Principiantes mágoa de Unai Fernández que tamén quedaba as portas do "caixón" o rematar no 5º posto, seguido por Roi Alvarez 6º.
En Alevíns a Fémina Irene Rodríguez melloraba e acadaba a 7ª posición mentras que en Masculino era Iker Rodríguez o que dende o inicio da carreira saía coa mente posta na vitória e dende logo que non fallaba pois demostraba que nesta ocasión era o mais forte xa que nun axustado esprint final era quien de impoñerse os seus rivais. Moi ben tamén Pablo Rodríguez que remataba 10º e Diego Alvarez 21º.
En Infantís vai demostrando a súa adaptación Javi Sanz que desta volta milloraba e ramataba 6º.
Poñía fin a nosa participación a categoría Cadete e en masculino Iago Alvarez acadaba o 29º posto mentras que a fémina Irea Villa era 7ª.
FOTOS
domingo, 22 de abril de 2018
INICIO DA TEMPADA 2018 CON TRES PODIOS
Día: sábado 21. Lugar: Monterroso (Lugo). Incidencia: Tres pódios.
Nas derradeiras semanas no equipo técnico do Club Ciclista O Rosal pensabamos que este ano 2018 sería unha tempada de transición, pero nada mais lonxe da realidade xa que os nosos rapaces e rapazas nos demostran o contrario.
Os méritos que xa leva facendo Marío Fernández en BTT Enduro, na tarde de onte na vila de Monterroso daba comenzo a tempada de Estrada e o primeiro en sorprendernos era Aitor Rodríguez que ainda que nos adestramentos viña apuntando moi boas maneiras, onte nos deixaba coa boca aberta o facerse coa vitória en Promesas na súa primeira participación en competición mentras que Iker González na súa segunda tempada mostra a progresión o rematar 5º mentras agardamos polo debut da súa imá Lucía que se atopa convalecente dunha lesión.
En Principiantes segunda tempada para Unai Fernández e primeira vitória tamén para él, que xá a viña perseguindo dende o ano pasado mentras que Roi Alvarez que sobe a ésta categoría remataba 6º.
Promete ésta tempada para Iker Rodríguez que neste seu segundo ano en Alevíns, acadaba o 2º posto despois dun apretado esprint final. Despois de arrasar no ano pasado en Principìantes, este ano Pablo Rodríguez subía a categoría de Alevíns e demostrou que en mais dunha carreira haberá que contar con él o colleitar o 11 posto mentras que outro debutante como era Diego Alvarez tamén apuntou maneiras e acadaba o 24º posto mantras que en Féminas Irene Rodíguez era vítima dos nervios o debutar na categoría e remataba 10ª.
Un único representante en Infantís e que tamén debutaba en competición, cunha actuación que tamén promete de cara o futuro e que non era outro que Javi Sanz que subía ata o 13º posto da clasificación.
Remataba a categoría Cadete coa presenza da Fémina Irea Villa que poñía todo seu empeño para acadar a 4ª posición.
FOTOS DA CARREIRA
domingo, 15 de abril de 2018
PRESENTACIÓN DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2018 E VITORIA DE MARIO NA COPA DE GALICIA DE ENDURO
Onte sabado facíamos a presentación do Club Ciclista O Rosal 2018 no Auditorio Municipal coa asistencia de numerosos afeccionados, parte da Corporación Municipal, así como da Xunta Rectora da Comunidade de Montes do Rosal encabezada polo seu presidente Isaac González, Carlos Alonso (presidente de Ciclismo Oiense) e Juan Carlos Muñiz como presidente da Federación Galega de Ciclismo.
E despois da presentación pasamos o piso superior do Auditorio para degustar a saborosa "merendola" para festexar o acontecimento.
E sen tempo de recuperación da festa de onte na mañán de hoxe daba comenzo a Copa Galicia de BTT Enduro en Moaña coa disputa da ENDURRAZO 2.018 donde o noso Mario Fernández se facía coa vitoria na categoría Júnior e o mesmo tempo marcaba o 5º millor tempo absoluto, polo que pasa a lucir o "maillot" de líder da Copa de Enduro Júnior.
CLUB CICLISTA O ROSAL 2.018
CICLOTURISTA
|
|
Luís
|
Alvarez Martínez
|
MASTER-40
|
|
Eloy
|
Otero Alfonso
|
SUB-23
|
|
Xoel
|
Villa Rodríguez
|
JUNIOR
|
|
Mario
|
Fernández Lorenzo
|
CADETE
|
|
Iago
|
Álvarez Lomba
|
Luís
|
Mendez Días
|
Irea
|
Villa Rodríguez
|
INFANTIL
|
|
Sergio
|
Vicente Fernández
|
David
|
Rodríguez Alvarez
|
Javier
|
Sanz Berridy
|
ALEVIN
|
|
Diego
|
Alvarez Adrover
|
Alvaro
|
González Míguez
|
Irene
|
Rodríguez Alvarez
|
Iker
|
Rodríguez Lomba
|
Pablo
|
Rodríguez Otero
|
David
|
Vicente Fernández
|
PRINCIPIANTE
|
|
Roi
|
Alvarez Rodríguez
|
Unai
|
Fernández Rivero
|
PROMESA
|
|
Edgar
|
Alonso Juan
|
Diego
|
Alvarez Coimbra
|
Saray
|
Alvarez Coimbra
|
Lucas
|
Alvarez Lomba
|
Iker
|
González Baz
|
Lucía
|
González Baz
|
Aitor
|
Rodríguez González
|
domingo, 8 de abril de 2018
MARIO FERNÁNDEZ LIDER DO OPEN DE ESPAÑA DE ENDURO
En Avila disputouse na mañán de hoxe La Adrada Enduro Xtrem, segunda proba do Open de España de Enduro e de novo Mario voltaba a quedar segundo despois do pódio de Bitem (Tarragona) no mes de marzo.
Desta maneira o máis novo dos Fernández Lorenzo sitúase como líder do Open de España da espacialidade de Enduro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)