Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 22 de abril de 2018
INICIO DA TEMPADA 2018 CON TRES PODIOS
Día: sábado 21. Lugar: Monterroso (Lugo). Incidencia: Tres pódios.
Nas derradeiras semanas no equipo técnico do Club Ciclista O Rosal pensabamos que este ano 2018 sería unha tempada de transición, pero nada mais lonxe da realidade xa que os nosos rapaces e rapazas nos demostran o contrario.
Os méritos que xa leva facendo Marío Fernández en BTT Enduro, na tarde de onte na vila de Monterroso daba comenzo a tempada de Estrada e o primeiro en sorprendernos era Aitor Rodríguez que ainda que nos adestramentos viña apuntando moi boas maneiras, onte nos deixaba coa boca aberta o facerse coa vitória en Promesas na súa primeira participación en competición mentras que Iker González na súa segunda tempada mostra a progresión o rematar 5º mentras agardamos polo debut da súa imá Lucía que se atopa convalecente dunha lesión.
En Principiantes segunda tempada para Unai Fernández e primeira vitória tamén para él, que xá a viña perseguindo dende o ano pasado mentras que Roi Alvarez que sobe a ésta categoría remataba 6º.
Promete ésta tempada para Iker Rodríguez que neste seu segundo ano en Alevíns, acadaba o 2º posto despois dun apretado esprint final. Despois de arrasar no ano pasado en Principìantes, este ano Pablo Rodríguez subía a categoría de Alevíns e demostrou que en mais dunha carreira haberá que contar con él o colleitar o 11 posto mentras que outro debutante como era Diego Alvarez tamén apuntou maneiras e acadaba o 24º posto mantras que en Féminas Irene Rodíguez era vítima dos nervios o debutar na categoría e remataba 10ª.
Un único representante en Infantís e que tamén debutaba en competición, cunha actuación que tamén promete de cara o futuro e que non era outro que Javi Sanz que subía ata o 13º posto da clasificación.
Remataba a categoría Cadete coa presenza da Fémina Irea Villa que poñía todo seu empeño para acadar a 4ª posición.
FOTOS DA CARREIRA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario