Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 29 de abril de 2018

VITÓRIA DE IKER E TERCEIRO POSTO DE AITOR ONTE EN PONTEVEDRA


II Memorial Rogelio Acuña organizado polo Club Ciclista Farto na tarde de onte sabado na cidade de Pontevedra con dous novos pódios que engadir os da semana pasada en Monterroso.

Comenzaban os Promesas e aquí chegaba o primeiro pódio, e outra vez da man de Aitor Rodríguez que fai unha semana acadaba a vitória en Monterroso. Aitor era seguido polos seus compañeiros Lucas Alvarez no 6º posto, Iker González no 7º e os debutantes Diego Coimbra e Edgar Alonso nos postos 12º e 13º respectivamente. En Féminas a tamén debutante Saray Coimbra acadaba un estupendo 4º posto que a piques estaba de levala o pódio.

En Principiantes mágoa de Unai Fernández que tamén quedaba as portas do "caixón" o rematar no 5º posto, seguido por Roi Alvarez 6º.

En Alevíns a Fémina Irene Rodríguez melloraba e acadaba a 7ª posición mentras que en Masculino era Iker Rodríguez o que dende o inicio da carreira saía coa mente posta na vitória e dende logo que non fallaba pois demostraba que nesta ocasión era o mais forte xa que nun axustado esprint final era quien de impoñerse os seus rivais. Moi ben tamén Pablo Rodríguez que remataba 10º e Diego Alvarez 21º.

En Infantís vai demostrando a súa adaptación Javi Sanz que desta volta milloraba e ramataba 6º.

Poñía fin a nosa participación a categoría Cadete e en masculino Iago Alvarez acadaba o 29º posto mentras que a fémina Irea Villa era 7ª.
FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario