Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
lunes, 28 de mayo de 2018
CICLISMO NO ROSAL O VINDEIRO SABADO
Fiel a súa cita anual o Club Ciclista O Rosal coa colaboración do Concello do Rosal, Comunidade de Montes de Santa Mariña en outros moitos colaboradores, organiza o tradicional Trofeo Montes do Rosal que éste ano vai pola súa decimoterceira edición.
Comenzarán as categorías de Promesas e Principiantes coa Ximcanas 16:30 na Praza do Calvario para a continuar coas categorías de Alevíns, Infantís, Cadetes e Júnior con saída da mesma Praza do Calvario continuando por rúa Simón del Mazo, estrada da Morraceira, camiño de Gandarela, estrada de Santa Ana, rúa Xesús Noia e remate na praza do Calvario.
A kilometraxe e voltas o circuito serán os seguintes:
Voltas Kilómetros
Alevin: 3 4,800
Infantíl: 7 11,200
Cadete 15 24,000
Júnior 25 40,000
AITOR PRIMEIRO E SARAY TERCEIRA EN CARBALLO
Disputouse na tarde do pasado sabado o Trofeo Concello de Carballo 2018 con representación "rosaleira" que traía para o Bixo Miño dous novos podios.
Comenzaron os Promesas e aquí de novo Aitor Rodríguez subía o mais alto o rematar 1º mentras que Diego Coimbra amosou a súa progresión o acadar o 6º posto. En féminas era a irmán de Diego , Saray Coimbra a que se levaba o 3º lugar do podio.
Unai Fernández a piques estaba tamén de acadalo o rematar 4º mentras que un chisquiño mais retrasado remataba Roi Alvarez que se facía co 7º posto.
En Alevín era Iker Rodríguez quien tamén lle andaba preto do "caixón" o acadar o 4º lugar mentras que Diego Adrover era 22º e Irene Rodríguez colleitaba o 7º en Féminas.
Xa no domingo pola mañan algúns deles que ainda quedaban con fame de ciclismo trocaban de modalidade e participaban no MiniBTT Concello de Ribadumia con éstes resultados:
Iker González 12º en Benxamín, Aitor Rodríguez 20º e Edgar Alonso 50º en Promesa, Unai Fernández 23º en Principiantes e Alvaro González 52º en Alevín.
lunes, 21 de mayo de 2018
MARIO EN ENDURO E AS ESCOLAS EN MINI BTT, COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA
En Mugardos Marío Fernández remataba terceiro no día de onte no Enduro de Montefaro a pesar de sofrir unha caída que lle facía perder un tempo valioso. ainda con este percance Mario continúa de Líder da Copa Galicia e do Open de España da especialidade.
Tamén na mañán de onte varios dos nosos participaban no V MiniBTT Concello de Cambados cos seguintes resultados:
Iker González 35º en Benxamíns, Aitor Rodríguez 35º e Edagar Alonso 49º en Promesa, Unai Fernández 29º e Roi Alvarez 51º en Principiante, Diego Adrover 57º e Alvaro González 64º en Alevíns, Irene Rodríguez 25ª en Alevín Feminino e para rematar suliñar a caída do Infantíl David Rodríguez que non se clasificaba o ter que retirarse.
jueves, 17 de mayo de 2018
IAGO E IREA NO CAMPIONATOS DE GALICIA CONTRARELOXO INDIVIDUAL
Por outro lado a falta de competición para as categorías de escolas, os directivos Eva Lomba e Alberto Rodríguez encabezaban unha expedición con varios compoñentes e familiares a terras lusas, concretamente a pista de Pump Track de Ponte de Lima donde disfrutaron dunha xornada de saltos e compañeirismo con "merendola campestre" incluida.
domingo, 13 de mayo de 2018
CINCO PODIOS EN PADRÓN CON ESTREA DE SARAY COIMBRA
Gran colleita onte no XI TROFEO SPONSOR DE PADRÓN donde Saray Coimbra se estreaba no podio da categoría Promesas en feminino mentras que en masculino Aitor Rodríguez empeñouse en non querer baixar do "caixón" e ahí estaba onte ese segundo posto acadado por diante dos seus compañeiros Diego Coimbra 9º, Iker González 10º e Edgar Alonso 13º.
En Principiantes era Unai Fernández o que voltaba o podio o rematar segundo na clasificación seguido de Roi Alvarez que non quería deixar a Unai solo e o acompañaba no terceiro posto.
A numerosa escuadra "rosaleira" na categoría Alevín tamén tiña a súa recompensa e de novo Iker Rodríguez acadaba posto de podio o rematar 2º seguido dun loitador Pablo Rodríguez 11º, Diego Adrover 17º, David Vicente 20º e Alvaro González que se estreaba na categoría que era 26º mentras que a fémina Irene Rodríguez era 8ª.
En Infantíl, terceira carreira de Javi Sanz que nos sorprende pola súa rápida adaptación, obsequiandonos con momentos de líder da carreira para o final cruzar a liña de meta na 9ª posicion no grupo de cabeza que entrou o esprint.
Remataba a fémina Irea Villa que acadaba a 5ª posición da clasificación da categoría Cadete.
FOTOS
domingo, 6 de mayo de 2018
MARIO FERMANDEZ MAIS LIDER DA COPA GALICIA DE BTT MARATON
Segunda carreira e segunda vitória de Mario Fernández na Copa Galicia de Btt Maratón na categoría Júnior, desta volta no II Enduro Monte Castelo de Burela.
Con este novo triunfo, Mario afianzase no liderato da Copa con 60 puntos de vantaxe sobre o seu máis inmediato perseguidor Nico Carrera (C.C. Coruxo).
sábado, 5 de mayo de 2018
AITOR 2º, ROI 3º E IKER 3º EN BOIRO
Magnífica tarde de ciclismo hoxe en Boiro donde @s nos@s ciclistas continúan a colleitar postos de honra.
Comenzaba a categoría Promesa con mención especial para Aitor Rodríguez que debuta esta tempada en competición e que en tres carreiras disputadas leva outros tantos pódios contando o 2º posto acadado na tarde de hoxe mentras que na súa segunda carreira Edgar Alonso remataba 11º.
En Promesa pódio tamén para Roi Alvarez que se facía co terceiro posto seguido de Unai Fernández no 5º.
En Alevín 5ª posición para Irene Rodríguez en féminas mentras que en masculino Iker Rodríguez voltaba o pódio rematando no 3º posto mentras que Pablo Rodríguez era 12º, Diego Alvarez 17º e David Vicente 22º.
E mentras isto acontecía en Boiro, Sergio Fernández e David Rodríguez participaban no 5º MiniBTT Entidade Local Menor de Bembrive (Vigo) acadando os postos 27º e 30º respectivamente da categoría Infantíl.
FOTOS DE BOIRO
FOTOS DE BEMBRIVE
miércoles, 2 de mayo de 2018
LUCAS E AITOR SOBEN O PODIO EN PORRIÑO
Onte pola mañán era a cita co 41º Trofeo Presidente organizado polo Club Ciclista Spol en Porriño na pista de Torneiros.
Comenzaron os Promesas e foi nesta categoría donde se acadaron os dous pódios da xornada pois Lucas Alvarez remataba a súa proba na 2ª posición e Aitor Rodríguez na 3ª mentras que Diego Coimbra era 15º e Edgar Alonso 19º mentras que en Féminas Saray Coimbra na súa segunda carreira a piques estaba de acadar postos de pódio o rematar na 4ª praza.
En Principiantes Unai Fernández facía 7º e Roi Alvarez 7º.
Rematarían os Alevíns e desta volta Iker Rodríguez quedabase sin premio o rematar no 4º posto mentras que Pablo Rodríguez facía 15º e Diego Alvarez 23º mentras que Irene Rodríguez acadaba o 9º posto en Féminas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)