Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 13 de mayo de 2018
CINCO PODIOS EN PADRÓN CON ESTREA DE SARAY COIMBRA
Gran colleita onte no XI TROFEO SPONSOR DE PADRÓN donde Saray Coimbra se estreaba no podio da categoría Promesas en feminino mentras que en masculino Aitor Rodríguez empeñouse en non querer baixar do "caixón" e ahí estaba onte ese segundo posto acadado por diante dos seus compañeiros Diego Coimbra 9º, Iker González 10º e Edgar Alonso 13º.
En Principiantes era Unai Fernández o que voltaba o podio o rematar segundo na clasificación seguido de Roi Alvarez que non quería deixar a Unai solo e o acompañaba no terceiro posto.
A numerosa escuadra "rosaleira" na categoría Alevín tamén tiña a súa recompensa e de novo Iker Rodríguez acadaba posto de podio o rematar 2º seguido dun loitador Pablo Rodríguez 11º, Diego Adrover 17º, David Vicente 20º e Alvaro González que se estreaba na categoría que era 26º mentras que a fémina Irene Rodríguez era 8ª.
En Infantíl, terceira carreira de Javi Sanz que nos sorprende pola súa rápida adaptación, obsequiandonos con momentos de líder da carreira para o final cruzar a liña de meta na 9ª posicion no grupo de cabeza que entrou o esprint.
Remataba a fémina Irea Villa que acadaba a 5ª posición da clasificación da categoría Cadete.
FOTOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario