Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 28 de mayo de 2018

AITOR PRIMEIRO E SARAY TERCEIRA EN CARBALLO


Disputouse na tarde do pasado sabado o Trofeo Concello de Carballo 2018 con representación "rosaleira" que traía para o Bixo Miño dous novos podios.

Comenzaron os Promesas e aquí de novo Aitor Rodríguez subía o mais alto o rematar 1º mentras que Diego Coimbra amosou a súa progresión o acadar o 6º posto. En féminas era a irmán de Diego , Saray Coimbra a que se levaba o 3º lugar do podio.

Unai Fernández a piques estaba tamén de acadalo o rematar 4º mentras que un chisquiño mais retrasado remataba Roi Alvarez que se facía co 7º posto.

En Alevín era Iker Rodríguez quien tamén lle andaba preto do "caixón" o acadar o 4º lugar mentras que Diego Adrover era 22º e Irene Rodríguez colleitaba o 7º en Féminas.

Xa no domingo pola mañan algúns deles que ainda quedaban con fame de ciclismo trocaban de modalidade e participaban no MiniBTT Concello de Ribadumia con éstes resultados:
Iker González 12º en Benxamín, Aitor Rodríguez 20º e Edgar Alonso 50º en Promesa, Unai Fernández 23º en Principiantes e Alvaro González 52º en Alevín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario