Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 28 de abril de 2019

VITORIA DE AITOR, 2º POSTO DE ZAIDA E 3º DE IRENE


En Monterroso (Lugo) daba comenzo onte a nova tempada 2019 de estrada para escolas e o primeiro en participar era Javi Sanz que pola mañán estreabase na categoría Cadete nun percorrido de 43 kms. na que tamén era a súa primeira carreira en ruta e a falta de experiencia facía que rematase na 33ª posición a 1 minuto e 32 segundos do gañador.

Logo pola tarde continuábase co resto de categorías, donde chegaba primeira vitória da tempada (que repetía como o ano pasado) para Aitor Rodríguez  en Principiantes co seu compañeiro Roi Alvarez que sería 14º.

En Alevín grande satisfacción co terceiro posto de Irene Rodríguez en feminino mentras que en masculino era Pablo Rodríguez o que estaba a piques de subir o podio o rematar no 4º posto. Boas prestacións tamén para Diego Adrover que remataba 8º e o debutante Unai Fernández que era 11º.

O derradeiro en participar era outro que estreaba categoría como era Iker Rodríguez que se facía cun prometedor 6º posto en Infantíl.

Tamén onte pola mañán outra delegación do C.C. O Rosal quedábase un chisco máis perto, concretamente en Porriño donde se celebraba o III Trofeo Mini BTT desta localidade donde o primeiro en participar era Alan Alonso que na categoría Benxamín  se facía dono do 34º posto mentras que seu irmán Edgar acadaba o 23º en Promesa A.
En Promesa B era Mateo Rodríguez o noso representante acadando o 24º posto.
Pechaba a participación rosaleira Alvaro González que na categoría Alevín A era 34º.

No mesmo Porriño pero xá pola tarde disputabase o BTT XCO coa nosa representante Zaida González que na categoría Sub-23 voltaba a estar no podio co 2º posto.
FOTOS DE MONTERROSO
FOTOS DE PORRIÑO



No hay comentarios:

Publicar un comentario