Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 6 de octubre de 2019
INICIO DA TEMPADA DE CICLOCROSS EN POIO
Hoxe pola mañán en Poio deu comenzo a tempada de Ciclocross en Galicia donde o Club Ciclista O Rosal estaba representado por tres ciclistas mais outros tres en Promoción.
En Promoción participaban Irene Rodríguez, Lucas Alvarez e Roi Alvarez e na que como o propio nome indica é unha categoría de promoción e non existen clasificacións.
Xa logo no meramente competitivo o primeiro en saltar o circuito era Javi Sanz que debutaba nesta bonita especialidade e que pagaba a súa inexperiencia con un 21º posto na categoría Cadete, pero que sen dúbida non vai ser impedimento para que no futuro máis inmediato acade millores posicións.
Na derredeira carreira da mañán competían o Junior Iago Alvarez e a Sub23 Zaida González co 23º posto para Iago e o 4º para Zaida.
FOTOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario