Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 29 de septiembre de 2019
LONGA FIN DE SEMANA PARA O PECHE DA TEMPADA 2019 CON DEZ PODIOS
Esta fin de semana poñíamos o peche a tempada 2019 de estrada e o facíamos con catro podios en Porriño e seis en Lugo.
Todo comenzaba o venres no centro de Porriño donde a partir das 19:00 hora daba comenzo a Clásica Nocturna que se prolongou ata pasadas as 23:00.
As Promesas femininas dabannos os postos 4º para Saray Coimbra e o 10º para Lucía González mentras que en masculino Iker González era 17º, Mateo Rodríguez 20º, Diego Coimbra 23º e Marco Rodríguez 26º.
En Principiantes chegaba o primeiro dos podios con Roi Alvarez que era segundo, Aitor Rodríguez 4º e Lucas Alvarez 12º.
En Alevín por escasos centímetros Pablo Rodríguez tamén subía o podio no terceiro posto co seu compañeiro Diego Adrover no 12º posto mentras que Irene Rodríguez era 9ª en féminas.
En Infantís era Iker Rodríguez o que pelexaba ata o derradeiro metro para entrar no podio pero que a fin se tiña que contentar co 5º posto, mentras que Javi Sanz era 26º en Cadete.
Irea Villa era outra vez a chamada a estar no podio co segundo posto en Junior feminino mentras que en masculino Iago Alvarez era 25º.
Pechaba a nosa participación Zaida González que en Elite-Sub 23 feminino tamen se facía acreedora do segundo posto do podio.
Pasamos a tarde de onte a cidade de Lugo donde o G.P. San Froilán supoñía o peche dunha longa tempada que iniciaba no mes de abril en Monterroso.
E alí en Lugo, Saray Coimbra non se deixaba sorprender e se levaba unha merecida vitória en Promesa femninino mentras que en masculino Iker González despedía a tempada con un novo segundo posto mentras que Diego Coimbra era 9º, Mateo Rodríguez 10º e seu irmán Marco 12º.
Aitor Rodríguez quixo que nos quedásemos con boas sensacións de cara a vindeira tempada e facíase co 2º posto do podio mentras que Roi Alvarez na que era a súa derradeira carreira de "ximcaneiro" tamén se despedía co terceiro posto en Principiantes.
Outro que despedía categoría era Pablo Rodríguez, e o facía por todo o alto o levarse unha vitória que loitou ata o derradeiro centímetro mentras que Diego Adrover era 8º en Alevín masculino mentras que en feminino Irene Rodríguez a puntiño estaba de estar no podio o rematar cuarta.
Noveno posto dun gran Iker Rodríguez en Infantíl e 20º para Javi Sanz en Cadete que sofría unha caída cando marchaba líder en solitario.
Terceiro posto de Irea Villa en Junior feminino que poñia así fin a unha tempada marcada pola súa encomiable constancia loitando carreira a carreira.
E sin tempo para repoñerse, o vindeiro domingo en Poio comenza unha nova tempada de Ciclocrós donde contaremos coa presenza de Zaida González e Xoel Villa en Sub 23, Iago Alvarez en Junior e Javi Sanz en Cadete no que vai supoñer a súa estrea nesta espectacular especialidade do ciclismo.
FOTOS DA NOCTURNA
FOTOS DE SAN FROILÁN
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario