Comenzaron Lucas e Roi na categoría non competitiva as 9:30 cunha mañá fría por "aqueles lares" para logo as 12:00 arrancar a competición dos cadetes na que o noso Javi Sanz acadaba o 18º posto.
As 13:00 comenzaba a derradeira carreira destes campionatos coas categorías de Junior, Sub23 i Elite. En Junior era o habitual Iago Alvarez o que nos representaba colleitando o 31º posto.
En Sub23 Xoel Villa despois dunha moi boa saída, ía perdendo posicións para o facerse acreedor do 12º posto o final da carreira, mentras que en feminino como comentabamos o inicio, Zaida González era a encarregada de subir o podio con esa merecida e loitada Medalla de Bronce.
FOTOS