Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 7 de diciembre de 2019

COPA GALICIA DE CICLOCROSS EN BOIRO CON ZAIDA NO TERCEIRO POSTO DO PODIO

O desprazamento de onte era a Boiro donde o Club Ciclista Barbanza organizaba a oitava cita da Copa Galicia de Ciclocross con cinco representantes do club Ciclista O Rosal.

Comenzaron Irene Rodríguez e Roi Alvarez que a pesar de que a súa categoría non puntúa, o daban todo para mostarse diante do público.

O seguinte en tomar parte neste evento era Javi Sanz que despois dunha mala saída ainda era quién de rematar decimoitavo na categoría Cadete.

Na derradeira carreira da xornada era a volta de Zaida González e de Xoel Villa na categoría Sub23. Zaida situábase na terceira posición nos primeiros metros e ese sería o posto que conservaría ata o final colleitando desta maneira o trofeo de teceira clasificada. En canto o seu compañeiro Xoel, sofría problemas cunha zapatilla que o obrigaba a parar uns instantes na asistencia para trocala por outra e o final acadaría o 10º posto.
FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario