Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 15 de diciembre de 2019
NOVOS PODIOS DE ZAIDA EN CARRAL E BETANZOS
Outra dobre cita coa Copa Galicia de Ciclocross esta fin de semana con Carral e Betanzos como destinos.
Carral era a cita de onte pola tarde con Roi Alvarez, Zaida González e Xoel Villa. O primeiro en participar era Roi na categoría non competitiva, polo que non existe clasificación.
Na derradeira carreira da tarde saltaban a "palestra" Zaida e Xoel, donde se atopaban cunha pista xa estaba moi pesada e "trillada" por mor das intensas choivas e do paso das competicións das categorías anteriores e pola que era moi difícil avanzar a gardar o equilibrio sobre a bicicleta, as cuais o final da carreira pesaban entre tres e catro kilos de máis coa pilla de lama que levaban enrriba.
Xoel acadaría o 10º posto en Sub23 masculino mentras que Zaida que non se baixa do podio, colleitaba outro trofeo para a súa inmensa vitrina en forma doutro terceiro posto en Sub23 feminino.
Xa na mañá de hoxe en Betanzos, outra vez tocaba lama donde só Roi e Zaida tomaban a saída. Moi ben Roi na súa categoría de promoción e moi ben tamén Zaida que milloraba un posto respecto a onte en Carral e remataba segunda.
Fotos de Carral
Fotos de Betanzos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario