Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 12 de enero de 2020

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CICLOCROSS EN PONTEVEDRA





Dúas inmensas xornadas de ciclocross esta fin de semana cos Campionatos de España disputados na Illa das esculturas (Pontevedra) e que comenzaban as nove da mañá de onte sábado cunha pista totalmente xeada con cero grados de temperatura ambiente.
O primeiro en tomar a saída era Javi Sanz na categoría Cadete que saía no 98º posto e que nunha das súas millores carreiras remontaba ata a 82ª praza final.
O seguinte era Iago Alvarez, quién tamén penalizado nos postos de saída acadaba o 78º posto da categoría Junior.
Remataba a tarde de onte coa categoría non competitiva de Promoción donde tomaban a saída os habituais Roi Alvarez, Irene Rodríguez e Lucas Alvarez os que se unía Iker Rodríguez que contactaba por vez primeira cunha bicicleta de ciclocross que lle prestaba o seu compañeiro Xoel Villa.

Xa na xornada de hoxe comenzaban as competicións as 10:00 da mañá i era Xoel Villa o que tiña que tomar a saída nunha mañá xélida e de novo a pista cuberta de branco. Con todo isto, Xoel aínda era quién de acadar o 43º posto final da categoría Sub23.
A última era Zaida González que desta volta defendía as cores da Selección Galega e que nunha gran carreira acadaba un fantástico 10º posto.
Suliñar a gran actuación d@s representantes galeg@s que nestes campionatos acadaron un histórico botín de once medallas
FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario