Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 6 de enero de 2020

PECHE DA TEMPADA GALEGA DE CICLOCROSS EN VERÍN E MACEDA


Coas probas desta fin de semana en Verín e Maceda poñíase fin a intensa Copa Galicia de Ciclocross coa incombustible Zaida González no podio final.

Comenzabamos o sábado a orillas do Támega na localidade que daba nome a este 1º Ciclocross Vila de Verín organizado por Chinquena Racing Team.
Eran Roi e Irene os que inauguraban a tarde de carreiras coa proba non competitiva para logo dar paso as demáis carreiras co Cadete Javi Sanz que se esforzaba no revirado circuito para acadar o 16º posto.

Xa no atardecer remataban Zaida González e Xoel Villa na categoría Sub23. Xoel acadaba o 9º posto mentras que Zaida estaba de novo no podio, desta volta no 3º posto.

Pasamos a xélida mañá de onte en Maceda donde o clube desta vila poñía en marcha o XII Ciclocross Castelo de Maceda.
Na carreira non competitiva tomaban parte Roi, Irene e Lucas, mentras que nas carreiras oficiáis eran  Iago en Junior e Zaida e Xoel en Sub23. Iago acadaría o 25º posto e Xoel o 12º. Pola súa banda Zaida desta volta non acadaba posto de podio na carreira o rematar cuarta pero a súa combatitividade víase recompensada coa Medalla de Prata da Copa Galicia.
Esperamos a vindeira fin de semana para pechar a tempada cos Campionatos de España en Pontevedra donde Zaida defenderá as cores da Selección Galega.
FOTOS DE VERÍN
FOTOS DE MACEDA

No hay comentarios:

Publicar un comentario