Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 27 de junio de 2021

A IKER RODRIGUEZ ESCAPASELLE A VITÓRIA NOS DERRADEIROS METROS EN VIVEIRO


Na tarde do venres partíamos cara a Viveiro un total de nove ciclistas e tres técnicos para facer noite alí e na mañá do sábado tomar parte no 37º Gran Premio San Roque.

Na categoría Alevín, Roi Alvarez asinaba a súa millor carreira no que vai de tempada, pois despois de liderar a carreira en diferentes momentos, entraba na meta nun axustado esprint acadando a 4ª praza, polo que se lle escapaba o podio por unha mínima diferenza. Quen tamén realizaba unha gran proba era Aitor Rodríguez que entraba no 15º posto.

En Infantíl feminino, moi ben as nosas rapazas, xa que Irene Rodríguez vítima dunha caida ainda era capaz de acadar o 6º posto, mentras que Arantxa Gómez nos agasallaba cun bonito esprint final para facerse co 9º posto. En masculino, tanto Unai Fernández como Diego Adrover e Manuel Domínguez mostraban a súa valía polas estradas viveirenses o rematar nos postos 9º, 10º e 19º respectivamente.

Remataba a proba raíña deste trofeo coa categoría Cadete, donde o noso clube confiaba no bó facer de Miguel Teniente e Iker Rodríguez para que se fixesen ver nesta carreira en ruta sobre unha distancia de 42,5 kms. Iker tomaba a saída coa idea de resarcirse do "fiasco" da pasada fin de semana donde tivera que retirarse por mor dun pinchazo. Xa dende os primeiro metros instalóuse na cabeza do pelotón e na subida o porto de montaña no concello de Ourol, protagonizaba unha escapada en compañía doutros dous ciclistas. Este trío coronaría o alto con Iker na segunda posición. No descenso do porto non había entendimento entre os escapados i eran alcanzados polo grupo perseguidor. Na subida o Mirador de San Roque, donde estaba situada a meta a cun desnivel de 341 metros, íase producindo a selección dos máis fortes entre os que se atopaba Iker formando un cuarteto que se xogaría a vitória. A falta de 200 metros o "rosaleiro" soltaba unha demarraxe, levando a súa roda a Alejandro Crende (C.C. Cidade de Lugo) que o final pola escasa marxe de poucos centímetros se impoñía a Iker que acadaba o segundo posto que lle sabía a vitória, pois a súa idea xa de partida era rematar entre os primeiros. Pola súa parte Miguel Teniente quedaría descolgado na ascensión de Ourol e remataría no 34º posto.

Como compensación polo seu traballo durante o xantar despóis da carreira, o Club Ciclista O Rosal recibía un correo electrónico do seleccionador galego coa preselección de Iker de cara os vindeiros Campionatos de España.

Dende aquí só nos queda felicitar o Club Ciclista Viveiro pola magnífica posta en escea deste Gran Prémio de San Roque cunha organización raiando a gran altura, deseñando nos tempos que corren un circuito diferente para cada categoría. Moitos parabéns.
 

martes, 22 de junio de 2021

MINI BTT NO SABADO EN MARÍN E ESTRADA NO DOMINGO EN BEMBRIVE

 


Esta derradeira fin de semana tamén tocou doble sesión co Mini Btt de Marín no sábado e co V Trofeo Entidade Local Menor de Bembrive (Vigo) de estrada.

Na xornada do sábado en Marín estes foron os resultados:

Benxamín B: Simón Amaro 16º e Lucas González 18º.

Promesa A: Lucas Amaro 14º e Marco Rodríguez 39º.

Promesa feminino: Lucía González 5ª.

Principiante B: Mateo Rodríguez 28º, Iker González 32º e Tiago Cedeira 38º.

Infantíl feminino: Arantxa Gómez: 10ª.

Xa no domingo nuha tarde que por momentos paraecía diluviar, acadabanse dous podios con Lucía e Saray.

En Promesa feminino, de novo Lucía González acadaba o 2º posto na clasificación para levarse o correspondente trofeo. En masculino, Marco Rodríguez facía 10º, Simón Amaro 14º e Lucas Amaro 20.

Podio tamén para Saray Coimbra que tamén acadaba o segundo posto, mentras que en masculino, Iker González era 6º, Tiago Cedeira 9º, Diego Coimbra 10º e Mateo Rodríguez 13º.

En Alevín, Roi Alvarez chegaba ata o 10º posto e Aitor Rodríguez o 19º. 

Quinto posto en Infantíl feminino para Irene Rodríguez mentras que en masculino Unai Fernández facía 10º e Diego Adrover 11º. 

Remataban os Cadetes: Miguel Teniente nunha óptima carreira acadaba o 23º posto mentras que Iker Rodríguez rematou a súa proba prematuramente, xa que cando marchaba escapado xunto co que a postre sería o gañador, sofría un pinchazo que o obrigaba o abandono da carreira e clasificaba no 24º posto.

FOTOS DE MARÍN

FOTOS DE BEMBRIVE


lunes, 14 de junio de 2021

XORNADA DE TECNIFICACIÓN NO SÁBADO E MINI BTT DE POIO NO DOMINGO

 




Na xornada do sábado o director deportivo Alberto Rodríguez xunto con Arantxa Gómez, Irene Rodríguez, Diego Adrover e Unai Fernández desprazaronse ata Meaño para asistir a unha Xornada de Tecnificación organizada pola Federación Galega de Ciclismo de cara os Campionatos de España en Idade Escolar a celebrarse no vindeiro mes de xullo en Madrid.

Xa no domingo de novo Alberto asistido por Oscar Trigo desprazaban a un total de once ciclistas para competir no VI MINI BTT de POIO con estes resultados:

BENXAMÍN: Simón Amaro 19º e Lucas González 22

PROMESA A: Lucas Amaro 22º e Marco Rodríguez 37º

PROMESA FEMININO: Lucía González 6ª

PRINCIPIANTE B: Mateo Rodríguez 30º, Tiago Cedeira 46º e Iker González 50º

ALEVÍN A: Roi Alvarez 29º

INFANTIL FEMININO: Arantxa Gómez 13ª e Irene Rodríguez 14ª.  

domingo, 6 de junio de 2021

XV TROFEO MONTES DO ROSAL





 






Onte voltou a ser un día grande para o ciclismo no Baixo Miño, pois o noso clube organizaba o XV TROFEO MONTES DO ROSAL (no ano que celebra o 40 aniversario da súa fundación), para as categorías  Promesa, Principiante, Alevín, Infantíl, Cadete e Junior, todas elas en masculino e feminino.

O Club Cicista O Rosal corría na casa e isto facíase notar nas inscricións, sumando 25 ciclistas a lista de 233 inscritos para esta proba cun total de 7 podios dos 36 que se poñían en xogo.

Comenzamos coa xincana donde de novo @s nos@s ciclistas voltaban a asinar unha grande actuación comenzando pola categoría Promesa  feminina cun podio totalmente “rosaleiro”, pois o 1º posto era para Lucía González, o segundo para Itzel del Río e o terceiro para Aitana Suárez seguida por Alba Rodríguez 5ª e Zoe del Río 7ª. En masculino Lucas Amaro voltaba o mais alto o acadar o primeiro posto, con Marco Rodríguez no 7º, Simón Amaro no 12ª, e os debutantes Aitor Castro no 18º e Lucas González no 19º.

En Principiantes, a nosa fémina Saray Coimbra voltou a demostrar que este ano vai ser moi difícil facela baixar do podio, e na tarde de onte na Praza do Calvario voltaba a facerse coa vitória, mentras en masculino o seu irmán Diego tentaba de imitala pero tiña que conformarse cunha grande segunda posición, mentras que Mateo Rodríguez facía 4º, Iker González 7º e Tiago Cedeira 14º.

En Alevíns, moi boa carreira do equipo con Roi Alvarez que estivo sempre nas primeiras posicións loitando polo podio, para o final rematar no 4º posto. Un Aitor rodríguez moi combativo remataba no 16º posto e Lucas Alvarez nun grande esforzo acadaba o 22º.

Categoría Infantíl feminina representada por dúas loitadoras como Irene Rodríguez que facía 5ª e Arantxa Gómez 9ª na súa estrea na modalidade de estrada. En masculino o dúo formado por Diego Adrover e Unai Fernández se levaban os postos 8º e 9º respectivamente mentras que o combativo Manuel Domínguez se facía acreedor do 22º posto.

Os encarregados de pechar a nosa representación eran Iker Rodríguez e Miguel Teniente na categoría Cadete. Miguel demostraba a súa mellora e alcanzaba o 29º posto da categoría mentras que Iker que partía entre os favoritos a vitória, plantexaba unha carreira de control os seus riváis rodando sempre nos primeiros postos e vixiante do facer do resto do pelotón. O final nun apretadísimo esprint de cincuenta metros a vitória partía cara Cambre da man de Mauro Amor, o cual non era impedimento para que Iker rematase a carreira cheo se satisfacción o acadar o segundo posto no “caixón” por apenas 50 centímetros. O podio o completaba Gael García (C.C. Compostelano) co terceiro lugar.

O punto final a esta tarde de ciclismo no Rosal a poñia a categoría Junior (sen representación rosaleira) con total de 25 voltas o cicuito para completar 40 kilómetros.  

Despóis de dous anos o ciclismo voltaba a Praza do Calvario cun inmenso traballo de organización por parte do noso clube e fundamentalmente do noso directivo Alberto Rodríguez que foi o encarregado de deseñar e coordinar o estricto Protocolo Covid-19 para que a carreira poidese saír adiante. Grazas tamén os voluntarios e voluntarias que nuha cifra superior os 40, fixeron posible o desenrolo do evento.

Mención especial tamén para Protección Civil de O Rosal que contou tamén coa colaboración dos seus homólogos do Concello de Tomiño; a Policía Local de O Rosal que coordinou o peche de estradas; o Concello de O Rosal representado pola alcaldesa Ánxela Fernández e os concelleiros Germán Fernández e César Paredes, a Comunidade de Montes de Santa Mariña representada polo se directivo Ramón Villa, a Federación Galega de Ciclismo co directivo Óscar Sanchez e os técnicos José Manuel Abalo e Jacobo Ucha, ao Servizo Provincial de Deportes dirixido por Daniel Benavides.

Agradecementos tamén  para un dos nosos patrocinadores principais como é A Rosaleira Conservas Vexetáis que nos facilitou un lote dos seus productos cos que foron agasallados os equipos participantes.  

FOTOS