Na tarde do venres partíamos cara a Viveiro un total de nove ciclistas e tres técnicos para facer noite alí e na mañá do sábado tomar parte no 37º Gran Premio San Roque.
Na categoría Alevín, Roi Alvarez asinaba a súa millor carreira no que vai de tempada, pois despois de liderar a carreira en diferentes momentos, entraba na meta nun axustado esprint acadando a 4ª praza, polo que se lle escapaba o podio por unha mínima diferenza. Quen tamén realizaba unha gran proba era Aitor Rodríguez que entraba no 15º posto.
En Infantíl feminino, moi ben as nosas rapazas, xa que Irene Rodríguez vítima dunha caida ainda era capaz de acadar o 6º posto, mentras que Arantxa Gómez nos agasallaba cun bonito esprint final para facerse co 9º posto. En masculino, tanto Unai Fernández como Diego Adrover e Manuel Domínguez mostraban a súa valía polas estradas viveirenses o rematar nos postos 9º, 10º e 19º respectivamente.
Remataba a proba raíña deste trofeo coa categoría Cadete, donde o noso clube confiaba no bó facer de Miguel Teniente e Iker Rodríguez para que se fixesen ver nesta carreira en ruta sobre unha distancia de 42,5 kms. Iker tomaba a saída coa idea de resarcirse do "fiasco" da pasada fin de semana donde tivera que retirarse por mor dun pinchazo. Xa dende os primeiro metros instalóuse na cabeza do pelotón e na subida o porto de montaña no concello de Ourol, protagonizaba unha escapada en compañía doutros dous ciclistas. Este trío coronaría o alto con Iker na segunda posición. No descenso do porto non había entendimento entre os escapados i eran alcanzados polo grupo perseguidor. Na subida o Mirador de San Roque, donde estaba situada a meta a cun desnivel de 341 metros, íase producindo a selección dos máis fortes entre os que se atopaba Iker formando un cuarteto que se xogaría a vitória. A falta de 200 metros o "rosaleiro" soltaba unha demarraxe, levando a súa roda a Alejandro Crende (C.C. Cidade de Lugo) que o final pola escasa marxe de poucos centímetros se impoñía a Iker que acadaba o segundo posto que lle sabía a vitória, pois a súa idea xa de partida era rematar entre os primeiros. Pola súa parte Miguel Teniente quedaría descolgado na ascensión de Ourol e remataría no 34º posto.
Como compensación polo seu traballo durante o xantar despóis da carreira, o Club Ciclista O Rosal recibía un correo electrónico do seleccionador galego coa preselección de Iker de cara os vindeiros Campionatos de España.
Dende aquí só nos queda felicitar o Club Ciclista Viveiro pola magnífica posta en escea deste Gran Prémio de San Roque cunha organización raiando a gran altura, deseñando nos tempos que corren un circuito diferente para cada categoría. Moitos parabéns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario