O xoves partíamos cara a Madrid para acompañar a Irene
Rodríguez Alvarez e a Iker Rodríguez Lomba e o resto da “comitiva galega” nos
Campionatos de España de Ciclismo Escolar donde defendían as cores da Selección
Galega, e donde terían que soportar temperaturas de até 40 grados.
Comenzabamos o venres pola mañá coa contrareloxo por quipos (CRE) con saída na
localidade de Cenicientos e chegada a Cadalso de los Vidrios sobre unha
distanza de 9,4 kilómetros, donde Iker (C.C. O Rosal) formaba equipo con Sergio Soto Manteiga
(Cambre, C.C.), Gael García González (Compostelano, C.C.) e Alejandro Crende López
(Cidade de Lugo, C.C.), clasificando no 16º posto. Polo que respecta o
combinado feminino a formación composta
por Vania
Gregores López (Ponteareas, C.C.), Andrea Prado Lareo
(Betanzos, C.C.), Lucía Ballester Yanes (Betanzos, C.C.) e Lucía Torres Alonso
(Teis, C.C.) acadaba o 12º posto.
En contrareloxo individual (CRI) serían Lara Fuentes García (Cambre,
C.C.) e Manuel
García Porta (Cambre,
C.C.) os que representaban a Galicia acadando os postos 10º e 19º
respectivamente.
O mesmo venres pola tarde en San Martín de Valdeiglésias era a a volta das
categorías infantís coas carreiras en ruta sobre unha distanza de 12,7 kms.
para as féminas e 20, 1 kms. para os masculinos. O combinado galego acadaba o 7º
posto con Lorena
Patiño Villanueva (Farto, C.C.), o 8º con María Cabot Pérez
(Padronés, C.C.) e o 41º para a rosaleira Irene Rodríguez Alvarez (C.C. O
Rosal) que se vía involucrada nuha caída e quedaba cortada do pelotón. Peor
sorte corría Alejandra
Neira Domínguez (Compostelano, C.C.) que no esprint final a dez
metros da liña de meta e cando loitaba polo décimo posto, sofría unha
espectacular caída sendo trasladada o hospital para tratar as feridas.
A xornada do sábado comenzaba ben cedo coas probas de BTT (bicicleta de
montaña) en Villa del Prado donde destacan as Medallas de Bronce acadadas polos
combinados femininos de Infantíl e Cadete grazas os postos individuais: 6ª Iris Fernández Salgado
(Maceda, C.C.) 12ª Lara Pita Pena (Cambre C.C.), 19ª Alba Gregores López
(Ponteareas, C.C.) e 41ª Uxía Conde Silva (Ribadumia, C.C.) en Infantíl. As
Cadetes eran: 8ª Aroa Otero Táboas (Avanza, A.D.), 10 º María Filgueiras
Barcenilla (Caimanes Betanzos, C.C.), 12º Uxía Soto Álvarez
(Avanza, A.D.) e 19ª Marta Estévez Alonso (Avanza, A.D.).
Polo que respecta os masculinos, en Infantíl 18º de Marcos Rodríguez Nogueira
(Carballiño, C.C.), 19º para Santiago Rodrigo Otero López (XSM,
C.C.) 25º Xoel
Cidrás Álvarez (XSM, C.C.) e 31º de Mauro Vega Valverde
(Coruxo, C.C.). Os Cadetes eran 27º Danny Jan Buba Sopko (Coruxo, C.C.)
e 42º de Alejandro
García Vázquez (Carballiño, C.C.) mentras que Martín Sestelo Solla
(Avanza, A.D.) e Tomás Pombo Álvarez (Cambre, C.C.) abandonaban por
diversos motivos.
Na mesma Villa del Prado e tamén pola mañá era a modalidade de Xinmcana para
infantís con estes resultados: 17ª Lorena
Patiño, 24ª Alejandra Neira, 32ª María Cabot e 45ª Irene Rodríguez en Feminino
e 12º de Xián Alvariño, 32º Diego López, 37º Adrián García e 42º Aarón Lorenzo.
Pola tarde voltabamos de novo a
San Martín de Valdeiglésias donde se disputaban as probas en liña das
categorías cadetes. En Feminino e sobre unha distanza de 44,6 kms. donde a
única clasificada era Vania Gregores co 24º posto.
Pechabamos estes campionatos coa
proba dos cadetes con 65,8 kms. donde no primeiro alto de montaña se facía unha
primeira criba, no que Iker Rodríguez Lomba (C.C. O Rosal) coronaba no pelotón
xunto con Sergio Soto Manteiga (Cambre, C.C.), Gael García González
(Compostelano, C.C.) e Alejandro Crende López (Cidade de Lugo, C.C.), mentras
que Manuel
García Porta (Cambre,
C.C.) quedaba descolgado e mais tarde sería baixado da carreira. Antes do paso por Cadalso de los Vidrios o mesmo acontecería con
Sergio, Gael e Alejandro sendo Iker o responsable de defender as cores galegas
na liña de meta a que chegaría nun estupendo 37º posto a 1 minuto e 36 segundos
do gañador.
Rematamos esta crónica suliñando a grande experiencia deportiva e sobre no
aspecto humano, donde corredores e corredoras aparte de deportistas, demostraron grandes dotes para entablar amizades entre desportistas
das diferentes comunidades autonómicas.
Tampouco podemos deixar de mencionar o noso compañeiro Alberto Rodríguez
Sobrino que coas súas transmisions de vídeo en directo a través do Facebook do
Club Ciclista O Rosal, mantivo en todo momento informada a afición galega que
non poido desprazarse a terras madrileñas.
Para o ano que ven MAIS E MILLOR!!!