No día de onte , Iker Rodriguez e Miguel Teniente presentabanse en Baños de Molgas (Ourense) para dar "guerra" no Campionado de Galicia en estrada para a categoría Cadete acompañados dos técnicos Alberto Rodríguez e Ramón Villa xunto coa vicepresidenta Eva Lomba.
A crónica da carreira foi a que nos tocaba vivir dende o coche de apoio en carreira os nosos ciclistas, dende o que podemos comentar a Miguel Teniente que mediada a carreira quedaba descolgado do pelotón pero que cos ánimos e o apoio dos seus técnicos voltava a conectar co grupo de cabeza, para que a falta de poucos kilómetros desconectase definitivamente e clasificase no 38º posto.
En canto a Iker Rodríguez, partía entre os favoritos a facerse coa camisola de campión galego. A carreira na parte dianteira desenrolouse sen grandes sobresaltos agás un par de escapados que chegaron a ter a volta dos tres minutos de vantaxe, pero sempre controlados polo pelotón e que a fín rematou por votar abaixo a fuga. Visto isto estaba claro que o desenlace da carreira se ia decidir o esprint, polo que Iker estivo sempre situado nos primeiros postos para estar atento os seus rivais.
Chegados o derradeiros metros lanzouse o esprint no que Iker cruzaba a meta no cuarto posto a un "nada" de subir o podio e coa satisfacción de habelo tentado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario