Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 18 de julio de 2021

CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLISMO ESCOLAR CON IRENE E IKER

 






O xoves partíamos cara a Madrid para acompañar a Irene Rodríguez Alvarez e a Iker Rodríguez Lomba e o resto da “comitiva galega” nos Campionatos de España de Ciclismo Escolar donde defendían as cores da Selección Galega, e donde terían que soportar temperaturas de até 40 grados.

Comenzabamos o venres pola mañá coa contrareloxo por quipos (CRE) con saída na localidade de Cenicientos e chegada a Cadalso de los Vidrios sobre unha distanza de 9,4 kilómetros, donde Iker (C.C. O Rosal) formaba equipo con Sergio Soto Manteiga (Cambre, C.C.), Gael García González (Compostelano, C.C.) e Alejandro Crende López (Cidade de Lugo, C.C.), clasificando no 16º posto. Polo que respecta o combinado feminino  a formación composta por Vania Gregores López (Ponteareas, C.C.), Andrea Prado Lareo (Betanzos, C.C.), Lucía Ballester Yanes (Betanzos, C.C.) e Lucía Torres Alonso (Teis, C.C.) acadaba o 12º posto.

En contrareloxo individual (CRI) serían Lara Fuentes García (Cambre, C.C.) e Manuel García Porta (Cambre, C.C.) os que representaban a Galicia acadando os postos 10º e 19º respectivamente.

O mesmo venres pola tarde en San Martín de Valdeiglésias era a a volta das categorías infantís coas carreiras en ruta sobre unha distanza de 12,7 kms. para as féminas e 20, 1 kms. para os masculinos. O combinado galego acadaba o 7º posto con Lorena Patiño Villanueva (Farto, C.C.), o 8º con María Cabot Pérez (Padronés, C.C.) e o 41º para a rosaleira Irene Rodríguez Alvarez (C.C. O Rosal) que se vía involucrada nuha caída e quedaba cortada do pelotón. Peor sorte corría Alejandra Neira Domínguez (Compostelano, C.C.) que no esprint final a dez metros da liña de meta e cando loitaba polo décimo posto, sofría unha espectacular caída sendo trasladada o hospital para tratar as feridas.

A xornada do sábado comenzaba ben cedo coas probas de BTT (bicicleta de montaña) en Villa del Prado donde destacan as Medallas de Bronce acadadas polos combinados femininos de Infantíl e Cadete grazas os postos individuais:  Iris Fernández Salgado (Maceda, C.C.) 12ª Lara Pita Pena (Cambre C.C.),  19ª Alba Gregores López (Ponteareas, C.C.) e 41ª Uxía Conde Silva (Ribadumia, C.C.) en Infantíl. As Cadetes eran: 8ª Aroa Otero Táboas (Avanza, A.D.), 10 º María Filgueiras Barcenilla (Caimanes Betanzos, C.C.), 12º Uxía Soto Álvarez (Avanza, A.D.) e 19ª Marta Estévez Alonso (Avanza, A.D.).

Polo que respecta os masculinos, en Infantíl 18º de Marcos Rodríguez Nogueira (Carballiño, C.C.), 19º para Santiago Rodrigo Otero López (XSM, C.C.) 25º Xoel Cidrás Álvarez (XSM, C.C.) e 31º de Mauro Vega Valverde (Coruxo, C.C.). Os Cadetes eran 27º Danny Jan Buba Sopko (Coruxo, C.C.) e 42º de Alejandro García Vázquez (Carballiño, C.C.) mentras que Martín Sestelo Solla (Avanza, A.D.) e Tomás Pombo Álvarez (Cambre, C.C.) abandonaban por diversos motivos.

Na mesma Villa del Prado e tamén pola mañá era a modalidade de Xinmcana para infantís con estes resultados: 17ª Lorena Patiño, 24ª Alejandra Neira, 32ª María Cabot e 45ª Irene Rodríguez en Feminino e 12º de Xián Alvariño, 32º Diego López, 37º Adrián García e 42º Aarón Lorenzo.

Pola tarde voltabamos de novo a San Martín de Valdeiglésias donde se disputaban as probas en liña das categorías cadetes. En Feminino e sobre unha distanza de 44,6 kms. donde a única clasificada era Vania Gregores co 24º posto.

Pechabamos estes campionatos coa proba dos cadetes con 65,8 kms. donde no primeiro alto de montaña se facía unha primeira criba, no que Iker Rodríguez Lomba (C.C. O Rosal) coronaba no pelotón xunto con Sergio Soto Manteiga (Cambre, C.C.), Gael García González (Compostelano, C.C.) e Alejandro Crende López (Cidade de Lugo, C.C.), mentras que Manuel García Porta (Cambre, C.C.) quedaba descolgado e mais tarde sería baixado da carreira.  Antes do paso por  Cadalso de los Vidrios o mesmo  acontecería con Sergio, Gael e Alejandro sendo Iker o responsable de defender as cores galegas na liña de meta a que chegaría nun estupendo 37º posto a 1 minuto e 36 segundos do gañador.

Rematamos esta crónica suliñando a grande experiencia deportiva e sobre no aspecto humano, donde corredores e corredoras aparte de deportistas, demostraron grandes dotes para entablar amizades entre desportistas das diferentes comunidades autonómicas.

Tampouco podemos deixar de mencionar o noso compañeiro Alberto Rodríguez Sobrino que coas súas transmisions de vídeo en directo a través do Facebook do Club Ciclista O Rosal, mantivo en todo momento informada a afición galega que non poido desprazarse a terras madrileñas.

Para o ano que ven  MAIS E MILLOR!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario