Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 29 de mayo de 2022

A FIN DE SEMANA SALDOUSE CON DÚAS VITÓRIAS, TRES SEGUNDOS E DOUS TERCEIROS POSTOS, UN DELES NA COPA DE ESPAÑA


Comenzamos a crónica desta fin de semana con sete novos podios para as nosas expedicións por diferentes zonas da xeografía galega donde destaca o “triplete” das nosa féminas da categoría Promesa.

Arrincabamos co XV PREMIO CICLISTA SAN ISIDRO-TROFEO BLANCO VILLAR disputado na mañá de onte en Rois e donde os nosos cadetes tomaban parte coa gran nova da volta o podio de Iker Rodríguez que acadaba o segundo posto co mesmo tempo que o portugués Diogo Ferreira (Landeiro KTM) que sería o gañador do esprint final. En canto os seus compañeiros, Diego Adrover era 22º e Miguel Teniente 23º. Polo que respecta a nosa fémina da categoría, o 7º posto era para Irene Rodríguez.

Pola tarde e moi pretiño era a volta do XV TROFEO SPONSOR en Padrón con estes resultados:

PROMESA: Simón Amaro 7º e Aarón del Río 9º

PROMESA FEMININO: Itzel del Río 1ª, Lucía González 2ª, Alba Rodríguez 3ª e Zoe del Río 8ª.

PRINCIPIANTE: Iker González 1º, Tiago Cedeira 6º e Marco Rodríguez 11º.

INFANTIL: Unai Fernández 3º e Roi Alvarez 31 despóis de sofrer unha caídaº.

Hoxe pola mañá tocaba desprazamento cara o  a comarca do Salnés para participar no IV MINI BTT CONCELLO DE RIBADUMIA, donde os resultados foron os seguintes:

BENXAMÍN: Lucas González 19º, Aitor Castro 23º e Aarón del Río 26º.

BENXAMÍN FEMININO: Zoe del Río 4ª.

PROMESA: Roi Fernández 24º e Simón Amaro 29º.

PROMESA FEMININO: Itzel del Río 5ª, Lucía González 6ª e Alba Rodríguez 12ª.

PRINCIPIANTE: Mateo Rodríguez 11º, Lucas Amaro 21º, Iker González 34º e Tiago Cedeira 42º.

PRINCIPIANTE FEMININO: Antía Fernández 18ª.

ALEVÍN: Xoel González 16º e Aitor Gil 20º.

Tamén na mañá de hoxe en Mugardos, nova fazaña da nosa Cadete Arantxa Gómez, que no ENDURO MONTEFARO valedeiro para a Copa de España, se facía cun grandísimo 2º posto que a afianza nese mesmo posto da clasificación xeral da Copa. Polo que respecta a categoría masculina, Manuel Domínguez tamén ofrecía unha óptima prestación e remataba 14º.

FOTOS ROIS-PADRÓN

FOTOS RIBADUMIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario