Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 28 de agosto de 2022

O CLUB CICLISTA O ROSAL ORGANIZOU O XXX TROFEO PISTA DE AS FAIAS


 De novo o Club Ciclista O Rosal e como sempre coa colaboración do Concello e as facilidades da Comunidade de Montes de Tabagón, organizamos no día de onte sábado o XXX Trofeo Pista de As Faias e de novo con grandes resultados para a nosa representación.

Nas dúas categorías inferiores de Promesa e Principiante, e despóis das dúas probas combinadas de ruta e xincana, éstes eran os resultados:

En Promesa feminino, a vitória era para Lucía González, e outro merecido segundo posto de Itzel del Río, o cuarto de súa irmá Zoe, o sexto de Luna Martín e o sétimo de Rosalía González. En masculino 7º posto para Roi Fernández, 8º de Iván Lázaro, 10º de Simón Amaro, 14º Lucas González, 17º Aarón del Río, 21º Aitor Castro e 22º Hugo Torres.

En Principiante feminino quién subía o máis alto do podio era Antía Fernández, posto que en masculino tamén acadaba Iker González con outra nova vitória, seguido de Lucas Amaro 5º, Mateo Rodríguez 7º, o seu irmán Marco 9º e o 13º para Tiago Cedeira.

En Alevín temos que destacar os nosos dous representantes, por un lado Aitor Rodríguez que foi o autor dunha escapada en solitario dende a primeira volta para logo poder administrar a vantaxe acadada e  cruzar a liña de meta no que significaba a súa primeira vitória da categoría. A outra sorpresa positiva era Xoel González, habitual do Mini Btt e que nesta proba de ruta acadaba un grandísimo 5º posto. En feminino a Saray Coimbra se lle escapaba o podio por un posto o rematar na cuarta posición.

A modalidade de eliminación “Americana” foi a elixida pola organización do C.C. O Rosal para a disputa da categoría Infantil masculina na que Unai Fernández remataba no podio, concretamente co terceiro posto e Roi Alvarez no 7º.

En Cadete disputaronse dúas mangas, a primeira en ruta e a segunda tamén por eliminación e na suma das dúas o rosaleiro millor clasificado era Iker Rodríguez co 4º posto, e logo con Miguel Teniente 15º, Diego Adrover 19º e Manuel Domínguez 21º. E non podemos pechar a crónica deste XXX Trofeo sen mencionar as nosas cadetes no que realizaron unha gran carreira, pois Irene Rodríguez remataba de novo no podio o acadar a segunda praza do mesmo e Arantxa Gómez era a acreedora do quinto posto.

Xa na mañá de hoxe unha pequeña representación desprazábase ata Carballiño para a disputar o V Mini Btt deste concello.

Marco Rodríguez facíase co 22º posto en Principiante, Xoel González 8º en Alevín e Unai Fernández 23º e Roi Álvarez 33º en Infantil.

FOTOS DE O ROSAL

FOTOS DE CARBALLIÑO

domingo, 21 de agosto de 2022

OITO NOVOS PODIOS EN VIGO CON TRIPLETE DAS NOSAS PROMESAS


 

Como tódolos anos, dobre xornada  do Gran Prémio Cidade de Vigo que este ano cumpría a súa 48ª edición no circuito de Navia.

Comenzabamos na tarde de onte coas categorías de Promesa e Principiante coa mistura de xincana e estrada, donde a nosa representación deixaba a súa pegada, pois na categoría Promesa feminino as “rosaleiras” coparon o podio nos tres caixóns con Itzel del Río 1ª, Lucía González 2ª e Alba Rascado 3ª, seguidas por Zoe del Río 7ª e Luna Martín 9ª. En masculino Iván Lázaro 7º, Roi Fernández 9º, Simón Amaro 17º, Aarón del Rio 19, Hugo Torres 22º e Aitor Castro 23º.

En Principiante primeiro posto para Iker González que mediada a tempada lle colleu o “tranquillo” e estáse a facer un habitual do podio. Os seus compañeiros de categoría quedaban con Marco Rodríguez 8º, Tiago Cedeira 13º e Lucas Amaro 14º. Pola súa banda Antía Fernández tamén está a facer moi bos resultados e onte non ía ser menos , acadando o terceiro lugar do podio.

En Alevín o 18º posto era para Aitor Rodríguez mentras que en féminas era Saray Coimbra a que se levaba o 7º.

En Infantil, gran carreira dos nosos con Roi Alvarez e Unai Fernández que durante toda a competición lideraron o grupo perseguidor do escapado Rodrigo García (A.D. Avanza). Ese traballo o final tería a súa recompensa en forma de podio para Roi co terceiro posto seguido de Unai no cuarto.

De seguido era a volta das categorías Cadete donde temos que suliñar o novo podio de Iker Rodríguez en forma de terceiro posto, seguido por Diego Adrover no 14º, Miguel Teniente no 20º e Manuel Domínguez no 23º.  En féminasboa carreira de Irene Rodríguez que remataba no 6º lugar.

Xa na mañá de hoxeeran os cadetes os que voltaban a montarse na bici para a Cronoescalada o Monte Castro con Iker que voltaba o podio de novo co terceiro posto, Diego 18º, Manuel 20º e Miguel 23º mentras que Irene se lle escapaba o podio por apenas cinco segundos e facía cuarta.

FOTOS DA CARREIRA

 

martes, 16 de agosto de 2022

TRIPLE SAÍDA NESTA LONGA FIN DE SEMANA CON PODIO DE ZOE DEL RÍO

 

No sábado 13 o Club Ciclista Viveiro organizaba o 38º Gran Premio San Roque no concello de Ourol e ata alí foi a nosa delegación que acadou estes resultados:

PROMESA: Roi Fernández 13º, PRINCIPIANTE FEMININO: Antía Fernández 5ª, ALEVÍN FEMININO: Saray Coimbra 7ª, INFANTIL: Unai Fernández 6º e Roi Alvarez 9º, CADETE: Iker Rodríguez 22º e Manuel Domínguez 45º, CADETE FEMININO: Irene Rodríguez 7ª.

No domingo 14º era a volta do Mini BTT de Maceda e Zoe del Río acadaba o podio co terceiro posto en BENXAMÍN FEMININO mentras que seu irmán Aarón era 18º en masculino. Nos queda a outra Del Río que é Itzel co 5º posto en Promesa feminino mentras que en masculino Simón Amaro era 15º con seu irmán Lucas 21º en Principiante. Pechaba a nosa participación o Alevín Xoel González co 9º posto.

Rematamos co día de onte en Betanzos con Roi Ferna´ndez 11º en Promesa, Iker González 4º en Principiante e Antía Fernández 6º en feminas.

En Alevín de novo nos representaba Saray Coimbra co 5º posto mentras que en Infantil Roi Alvarez era 7º e Unai Fernández 22º.

Pechamos coa categoría Cadete con Iker Rodríguez 6º , Manuel Domínguez 28º e Irene Rodríguez 4ª en féminas.

FOTOS DE OUROL

FOTOS DE MACEDA

 

 

lunes, 8 de agosto de 2022

SEGUNDO POSTO DE ARANTXA EN MANZANEDA

 

Outro domingo con dous desprazamentos distintos. En canto a Arantxa Gómez, ésta se desprazaba a provincia de Ourense para participar no DHI de Manzaneda donde voltaba a subir o podio co segundo posto.

Cambiando para a provincia de A Coruña, outros catro se achegaban ata Porto do Son para tomar a saída no IV MINI BTT SONENSE con Simón Amaro 10º en categoría Promesa, Mateo Rodríguez 15º e Lucas Amaro 17º en Principiantes e Xoel González 6º en Alevín.

FOTOS DE MANZANEDA

FOTOS DE PORTO DO SON

lunes, 1 de agosto de 2022

PODIOS DE ALBA, IKER E UNAI EN BOIRO E DE ALBA EN SALCEDO

 




O sábado voltabamos de novo a terras do Barbanza para a disputa do XXXIV Prromoción do Ciclismo de Boiro, no que Alba Rascadode novo estaba no podio da categoría Promesa féminas co terceiro posto.

En Principiantes Iker González facíase cunha nova vitória, con Tiago Cedeira 10º e Marco Rodríguez 16º. 

En Alevín 8º posto para Aitor Rodríguez e 7º para Saray Coimbra en féminas.

Outro que segue a estar abonado o podio é Unai Fernández que en Boiro subía ata o segundo "caixón" mentras que Roi Alvarez acadaba o 10º posto de Infantíl.

Rematamos cos cadetes con Irene Rodríguez 5ª en féminas e Iker Rodríguez 10º, Diego Adrover 34º e Miguel Teniente 35º.

Na maná de onte en Pontevedra no VI Mini BTT Comunidade de Montes de Salcedo estes eran os resultados:

Podio de Zoe del Río co segundo posto e 5º para Rosalía González en Benxamín feminino. En masculino Lucas González era 13º, Aitor Castro 14º e Aarón del Río 18º.

En Promesa, Iván Lázaro 10º e Roi Fernández 14º. En feminino Itzel del Río 4ª e Luna Villanueva 11º, mentras que Mateo Rodríguez era 11º en Principiantes.

Remataban os dous alevíns co 10º posto para Xoel González e o 13º de Aitor Gil.

FOTOS DE BOIRO

FOTOS DE SALCEDO