Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 21 de agosto de 2022

OITO NOVOS PODIOS EN VIGO CON TRIPLETE DAS NOSAS PROMESAS


 

Como tódolos anos, dobre xornada  do Gran Prémio Cidade de Vigo que este ano cumpría a súa 48ª edición no circuito de Navia.

Comenzabamos na tarde de onte coas categorías de Promesa e Principiante coa mistura de xincana e estrada, donde a nosa representación deixaba a súa pegada, pois na categoría Promesa feminino as “rosaleiras” coparon o podio nos tres caixóns con Itzel del Río 1ª, Lucía González 2ª e Alba Rascado 3ª, seguidas por Zoe del Río 7ª e Luna Martín 9ª. En masculino Iván Lázaro 7º, Roi Fernández 9º, Simón Amaro 17º, Aarón del Rio 19, Hugo Torres 22º e Aitor Castro 23º.

En Principiante primeiro posto para Iker González que mediada a tempada lle colleu o “tranquillo” e estáse a facer un habitual do podio. Os seus compañeiros de categoría quedaban con Marco Rodríguez 8º, Tiago Cedeira 13º e Lucas Amaro 14º. Pola súa banda Antía Fernández tamén está a facer moi bos resultados e onte non ía ser menos , acadando o terceiro lugar do podio.

En Alevín o 18º posto era para Aitor Rodríguez mentras que en féminas era Saray Coimbra a que se levaba o 7º.

En Infantil, gran carreira dos nosos con Roi Alvarez e Unai Fernández que durante toda a competición lideraron o grupo perseguidor do escapado Rodrigo García (A.D. Avanza). Ese traballo o final tería a súa recompensa en forma de podio para Roi co terceiro posto seguido de Unai no cuarto.

De seguido era a volta das categorías Cadete donde temos que suliñar o novo podio de Iker Rodríguez en forma de terceiro posto, seguido por Diego Adrover no 14º, Miguel Teniente no 20º e Manuel Domínguez no 23º.  En féminasboa carreira de Irene Rodríguez que remataba no 6º lugar.

Xa na mañá de hoxeeran os cadetes os que voltaban a montarse na bici para a Cronoescalada o Monte Castro con Iker que voltaba o podio de novo co terceiro posto, Diego 18º, Manuel 20º e Miguel 23º mentras que Irene se lle escapaba o podio por apenas cinco segundos e facía cuarta.

FOTOS DA CARREIRA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario