Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 28 de agosto de 2022

O CLUB CICLISTA O ROSAL ORGANIZOU O XXX TROFEO PISTA DE AS FAIAS


 De novo o Club Ciclista O Rosal e como sempre coa colaboración do Concello e as facilidades da Comunidade de Montes de Tabagón, organizamos no día de onte sábado o XXX Trofeo Pista de As Faias e de novo con grandes resultados para a nosa representación.

Nas dúas categorías inferiores de Promesa e Principiante, e despóis das dúas probas combinadas de ruta e xincana, éstes eran os resultados:

En Promesa feminino, a vitória era para Lucía González, e outro merecido segundo posto de Itzel del Río, o cuarto de súa irmá Zoe, o sexto de Luna Martín e o sétimo de Rosalía González. En masculino 7º posto para Roi Fernández, 8º de Iván Lázaro, 10º de Simón Amaro, 14º Lucas González, 17º Aarón del Río, 21º Aitor Castro e 22º Hugo Torres.

En Principiante feminino quién subía o máis alto do podio era Antía Fernández, posto que en masculino tamén acadaba Iker González con outra nova vitória, seguido de Lucas Amaro 5º, Mateo Rodríguez 7º, o seu irmán Marco 9º e o 13º para Tiago Cedeira.

En Alevín temos que destacar os nosos dous representantes, por un lado Aitor Rodríguez que foi o autor dunha escapada en solitario dende a primeira volta para logo poder administrar a vantaxe acadada e  cruzar a liña de meta no que significaba a súa primeira vitória da categoría. A outra sorpresa positiva era Xoel González, habitual do Mini Btt e que nesta proba de ruta acadaba un grandísimo 5º posto. En feminino a Saray Coimbra se lle escapaba o podio por un posto o rematar na cuarta posición.

A modalidade de eliminación “Americana” foi a elixida pola organización do C.C. O Rosal para a disputa da categoría Infantil masculina na que Unai Fernández remataba no podio, concretamente co terceiro posto e Roi Alvarez no 7º.

En Cadete disputaronse dúas mangas, a primeira en ruta e a segunda tamén por eliminación e na suma das dúas o rosaleiro millor clasificado era Iker Rodríguez co 4º posto, e logo con Miguel Teniente 15º, Diego Adrover 19º e Manuel Domínguez 21º. E non podemos pechar a crónica deste XXX Trofeo sen mencionar as nosas cadetes no que realizaron unha gran carreira, pois Irene Rodríguez remataba de novo no podio o acadar a segunda praza do mesmo e Arantxa Gómez era a acreedora do quinto posto.

Xa na mañá de hoxe unha pequeña representación desprazábase ata Carballiño para a disputar o V Mini Btt deste concello.

Marco Rodríguez facíase co 22º posto en Principiante, Xoel González 8º en Alevín e Unai Fernández 23º e Roi Álvarez 33º en Infantil.

FOTOS DE O ROSAL

FOTOS DE CARBALLIÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario