O día de onte será outra das datas que marcarán a historia
do noso humilde CLUB CICLISTA O ROSAL, pois coa celebración do XXIV TROFEO
MONTES DE EIRAS DE CICLOCROSS dentro da Copa Galicia, estreabamos o novo trazado posto a nosa
disposición pola Comunidade de Montes de
Eiras e pola ADEGA TERRAS GAUDA. Tratóuse dun circuito deseñado na súa meirande
parte polo medio dos viñedos de Terras Gauda, o cual os corredores calificarían
de “duro e esixente” pero moi divertido e innovador.
O inicio das carreiras daban comezo co protocolario corte de
cinta por parte de José carlos Fenández
(ex tesoureiro do C.C. O Rosal), Alberto Rodríguez (presidente do C.C. O Rosal),
Ángel Madrazo (corredor do Burgos-BH), José Ramón Lete (Secretario Xeral para o
Deporte), Germán Fernández (Concelleiro de Deportes), David Carrillo
(Federación Galega de Ciclismo), Antón Fonseca (Vicepresidente do Grupo
Terras Gauda) e Antía Fernández (corredora do C.C. O Rosal)
No que respecta a participación do noso clube, comenzamos con
Roi Alvarez que participaba na categoría de promoción.
En Cadete era Manuel Domínguez o noso representante, que
acadaba o 20º posto, mentras que Irene Rodríguez facía 7ª despóis de encabezar
a carreira na primeira volta.
Miguel Teniente era o que se levaba o 20º posto da categoría
Junior mentras que en Sub 23 tíñamos o retorno a súa casa de Javi Sanz despóis
de dous anos no Rías Baixas. Javi facíase co 9º posto da categoría.
Pasamos a categoría de Máster 40 con Ana Amaro que facía 6ª
en feminino e Oscar Trigo, Feli Cedeira e Borja Rodríguez que eran 47º, 52º e
58º respectivamente en masculino.
Para pechar esta crónica non podemos deixar de mostrar o
noso agradecemento as intitucións
públicas e privadas sen a cuales este evento sería imposible de sacar adiante,
entre elas a Protección Civil do Rosal, Concello do Rosal, Secretaría Xeral
para o Deporte (Xunta de Galicia), Comunidade de Montes de Eiras, voluntarias e
voluntarios que o único interés que teñen é o Ciclismo de Escolas, e como non a dirección de Terras Gauda por ter posto a nosa
disposición os seus viñedos e por todas as facilidades e entusiasmo mostradas
dende o mesmo momento en que se lle espuxo a idea da celebración desta proba da
Copa Galicia de Ciclocross.
Mostramos tamén o noso agradecemento a Luz Iglesias por facilitarnos de forma totalmente
desinteresada o acceso a súa inmensa galería de 1.004 fotos deste XXIV TROFEO MONTES
DE EIRAS DE CICLOCROSS.
FOTOS