Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 13 de noviembre de 2022

XXIV TROFEO MONTES DE EIRAS (O ROSAL)

 




O día de onte será outra das datas que marcarán a historia do noso humilde CLUB CICLISTA O ROSAL, pois coa celebración do XXIV TROFEO MONTES DE EIRAS DE CICLOCROSS dentro da Copa Galicia,  estreabamos o novo trazado posto a nosa disposición  pola Comunidade de Montes de Eiras e pola ADEGA TERRAS GAUDA. Tratóuse dun circuito deseñado na súa meirande parte polo medio dos viñedos de Terras Gauda, o cual os corredores calificarían de “duro e esixente” pero moi divertido e innovador.

O inicio das carreiras daban comezo co protocolario corte de cinta por parte de  José carlos Fenández (ex tesoureiro do C.C. O Rosal), Alberto Rodríguez (presidente do C.C. O Rosal), Ángel Madrazo (corredor do Burgos-BH), José Ramón Lete (Secretario Xeral para o Deporte), Germán Fernández (Concelleiro de Deportes), David Carrillo (Federación Galega de Ciclismo), Antón Fonseca (Vicepresidente do Grupo Terras Gauda) e Antía Fernández (corredora do C.C. O Rosal)

No que respecta a participación do noso clube, comenzamos con Roi Alvarez que participaba na categoría de promoción.

En Cadete era Manuel Domínguez o noso representante, que acadaba o 20º posto, mentras que Irene Rodríguez facía 7ª despóis de encabezar a carreira na primeira volta.

Miguel Teniente era o que se levaba o 20º posto da categoría Junior mentras que en Sub 23 tíñamos o retorno a súa casa de Javi Sanz despóis de dous anos no Rías Baixas. Javi facíase co 9º posto da categoría.

Pasamos a categoría de Máster 40 con Ana Amaro que facía 6ª en feminino e Oscar Trigo, Feli Cedeira e Borja Rodríguez que eran 47º, 52º e 58º respectivamente en masculino.

Para pechar esta crónica non podemos deixar de mostrar o noso agradecemento  as intitucións públicas e privadas sen a cuales este evento sería imposible de sacar adiante, entre elas a Protección Civil do Rosal, Concello do Rosal, Secretaría Xeral para o Deporte (Xunta de Galicia), Comunidade de Montes de Eiras, voluntarias e voluntarios que o único interés que teñen é o Ciclismo de Escolas, e como non a dirección de Terras Gauda por ter posto a nosa disposición os seus viñedos e por todas as facilidades e entusiasmo mostradas dende o mesmo momento en que se lle espuxo a idea da celebración desta proba da Copa Galicia de Ciclocross.

Mostramos tamén o noso agradecemento a Luz Iglesias  por facilitarnos de forma totalmente desinteresada o acceso a súa inmensa galería de 1.004 fotos deste XXIV TROFEO MONTES DE EIRAS DE CICLOCROSS.

FOTOS

1 comentario: