Nun circuito moi "enlamado" por mor da choiva caída disputouse o I TROFEO DE BARBADÁS DE CICLOCROSS, no que a nosa representación tiña sorte dispar.
Comenzou Roi Alvarez na categoría de Promoción na que realizou unha moi boa carreira. Logo era seguido pola categoría Cadete e Unai Fernández acadaba o 13º posto mentras que Irene Rodríguez de novo sofría problemas físicos e clasificaba no 11º posto.
Sería logo a volta dos Elite e Sub 23 con Xoel Villa na categoría "raíña" que tamén arrastaba as secuelas da gripe das últimas datas , retirandose cando faltaban catro voltas e clasificaba no 22º lugar, mentras que Javi Sanz facía 11º en Sub 23.
E rematamos coa categoría Master 40 con Oscar Trigo que na derradeira volta sofría a rotura da cadea e remataba 43º, mentras que Borja Rodríguez facía 50º.
FOTOS cortesía de LUZ IGLESIAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario