Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 20 de marzo de 2023

XOEL GONZÁLEZ NO ENCONTRO DE ESCOLAS DE BTT DE MATOSINHOS (PORTUGAL)





Imos achegándonos o início dunha nova tempada de ciclismo, tempada que o noso equipo xa leva preparando dende fai un par de meses cos seus correspondentes adestramentos na Pista das Faias e na Praia de Eiras, así como distintas saídas a estrada.

Para comprobar o seu estado, Xoel González Vicente tomaba a saída no día de onte domingo no Encontro de Escolas de BTT en Matosinhos (Portugal) e nos levabamos unha grata sorpresa coa súa prestación xa que remataba no 11º posto co mesmo tempo que o terceiro clasificado dun total de 65 inscritos na categoría Alevín.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario