Coa disputa no día de hoxe dos Campionatos de Galicia en Poio, o Club Ciclista O Rosal poñia o punto e final a tempada 2022-2023 de Ciclocross cunha Medalla de Prata na estrea de Bea Vicente en categoría Master 30 feminino.
Antes de nada imos relatar o acontecido nas tres últimas carreiras da Copa Galicia que nos quedaron atrás.
No día 10 de decembro disputabase o II CICLOCROSS CONCELLO DE NIGRÁN no Polígono Industrial de Porto do Molle.
No día seguinte, o domingo 11 era a volta do desplazamento a Ponteareas e no sábado 31 en Culleredo, con estes resultados:
|
CADETE |
SUB23 |
ELITE |
MASTER 40 |
|||
Manuel Domíngez |
Irene Rodríguez |
Javi Sanz |
Xoel Villa |
Ana Amaro |
Oscar Trigo |
Borja Rodríguez |
|
NIGRÁN |
26º |
10ª |
12º |
21º |
6ª |
28º |
36º |
PONTEAREAS |
- |
7ª |
- |
18º |
- |
38º |
46º |
CULLEREDO |
- |
11ª |
- |
- |
- |
- |
38º |
Pasamos xa a comentar os Campionatos de hoxe no Complexo deportivo de A Seca (Poio), donde tivemos varias novidades. Unha delas era a volta de Zaida González a competición despóis dun ano afastada dos circuitos, outra era o debut de Leo Sanz en Master 50 e a outra era a xa comentada estrea de Bea Vicente .
Comenzamos pola categoría Cadete feminina na que Irene Rodríguez remataba na 9ª posición.
Seguimos coa categoría de Master 30 feminina na que destaca a Medalla de Prata de Bea Vicente, Master 40 feminina con Ana Amaro na 5ª praza e Oscar Trigo 40º e Borja Rodríguez 48º en Master 40 masculino. Sería o tamén debutante Leo Sanz na categoría de Master 50 co 27º posto o que deixaría paso as categorías Elite coa sinalada volta de Zaida que acadaba o 4º posto en feminino e Xoel Villa co 18º en masculino.
A mayoría das fotos aquí expostas debense a xentileza de Luz Iglésias
No hay comentarios:
Publicar un comentario