Na tarde de onte facíase a entrega dos 36 trofeos as distintas categorías do XVII TROFEO MONTE DO ROSAL que como sempre organiza o Club Ciclista O Rosal coa inestimable colaboración do Concello de O Rosal. O mesmo tempo Manuel Dorna (ex-ciclista do noso clube) en representación de CERRAJERÍA VINTANOX, facía entrega doutro trofeo a o millor rosaleiro/a de cada categoría, trofeos doados por esta empresa rosaleira.
Na categoría Promesa tiñamos o primeiro podio da man de Iván Lázaro co segundo lugar e o mesmo tempo tamén se facía co Trofeo Vintanox. Era seguido por Darío Castro 4º, Roi Fernández 6º, Simón Amaro 8º, Aarón del Río, 13ºLucas González 19º e Hugo Torres 22º. En feminino dende a cuarta a sétima eran para as rosaleiras con Zoe del río 4º (Trofeo Vintanox), Rosalía González 5ª, Alba González 6ª e Gala Castro 7ª.
En Principiantes, Marco Rodríguez 4º (Trofeo Vintanox), e Lucas Amaro 6º. en feminino primeiro posto de Lucía Gonzalez (Trofeo Vintanox) e 2º de Alba Rascado.
As nosas féminas da categoría Alevín voltaban a estar a grande altura, pois Antía Fernández (Trofeo Vintanox) tamén subía o podio co 2º posto e Saray Coimbra o 6º. En masculino o primeiro rosaleiro era Xoel González 6º (Trofeo Vintanox), Aitor Gil 11º, Iker González 16º, Mateo Rodríguez 17º, Diego Coimbra 19º e Tiago Cedeira 24º.
Trofeo Vintanox para Roi Alvarez o rematar 7º na categoría Infantil e 21º para Aitor Rodríguez.
Gran carreira tamén a de Unai Fernández (Trofeo Vintanox) que remataba 6º en Cadetes mentras que Irene Rodríguez (Trofeo Vintanox) era 8ª en féminas.
Rematamos co derradeiro Trofeo Vintanox para o Junior Iker Rodríguez que aínda que este ano está nas filas do C.C. Padronés, segue pedaleando co corazón rosaleiro.
Para rematar coa crónica deste Trofeo Montes do Rosal, só nos queda por agradecer a Concello do Rosal, Policia Local, Protección Civil de O Rosal e Tomiño, Comunidade de Montes do Rosal, Cerraxería Vintanox e todalas demáis institución públicas e empresas privadas que grazas a súa colaboración fixeron posible éste gran día de ciclismo no Rosal.
Sen tempo para recuprearse do esforzo da tarde de onte, hoxe ben cedo unha parte da nosa plantilla desprazouse a terras do Condado para tomar a saída no Mini BTT de Ponteareas con estes resultados:
BENXAMÍN: Lucas González 8º e Aitor Castro 10º. Rosalía González 8ª en féminas.
PROMESA: Iván Lázaro 5º, Roi Fernández 15º e Darío Castro 20º.
ALEVÍN: Xoel González 5º, Aitor Gil 21º e Mateo Rodríguez 26º.
O ROSAL
PONTEAREAS