Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 12 de junio de 2023

FIN DE SEMANA DE CICLISMO EN POIO E BEMBRIVE (VIGO) E SALAMANCA

 





Este domingo mentras pola mañá un equipo se desprazaba a POIO, pola tarde a outro lle tocaba en BEMBRIBE (VIGO).

No VIII MINI BTT DE POIO eran 9 integrantes do noso equipo os que se pesprazaban, con estes resultados.

En Benxamín o primeiro clasificado era Aitor Castro no 12º posto, seguido por Lucas González 15, mentras que en feminino Rosalía González era 9ª.

En Promesa, gran resultado moi pretiño do podio de Iván Lázaro que acadaba o 5º lugar da clasificación, con Darío Castro 19º e Roi Fernández 28º.

Rematamos coa categoría Alevín donde de novo Xoel González quedaba tamén moi ben clasificado co 5º posto. Mateo Rodríguez era 35º e Aitor Gil 44º.

***********************************************************************************

Pola tarde ata Bembrive eran 11 os desprazados cunha boa colleita de podios.

En Promesa feminino, para Alba González.

En Principiante feminino, dobrete co 1º e 2º posto para Lucía González e Alba rascado respectivamente, metras que en masculino Marco Rodríguez tamén subía o podio co 2º posto.

A que non deixa de sorprendernos é Antía Fernández que no día de hoxe acadaba a súa primeira vitória en Alevín feminino, mentras que Saray Coimbra facía 6ª. En masculino 8º era Diego Coimbra e 9º Iker González.

En Infantil outro que tamén subía o podio era Roi Alvarez co 3º lugar do mesmo, mentras que Aitor Rodríguez tamén rubricaba unha gran carreira que se vía recompensada co 12º posto.

Rematamos con Irene Rodríguez que en Cadete féminas acadaba un gran 6º posto.

***********************************************************************************

Moito máis lonxe, na comunidade autónoma de Castela e León no día do sábado daba comenzo a III CHALLENGE CADETE PROVINCIA DE SALAMANCA na que o noso Unai Fernández participaba coa Selección Galega. Na primeira etapa disputada o sábado entre o Yacimiento de Siega Verde e Ciudad Rodrigo sobre un percorrido de 63 km. Unai clasificaba 83º. Xa no día de onte era a segunda e derradeira etapa entre Las Veguillas e Galinduste cun percorrido de 62 km donde clasificaba no 78º posto.

POIO

BEMBRIVE

No hay comentarios:

Publicar un comentario