53º G.P. DO ALBARIÑO en Cambados con tres novos podios para a nosa formación da mán de Lucía, Antía e Roi.
Os primeiros en entrar en escena era a categoría Promesa co segundo posto de Roi Fernández, o 7º de Darío Castro e o 18º de Hugo Torres. En feminino, Alba González era 5ª.
A Lucía González voltaban a sairlle moi ben as contas, pois facíase cunha brillante vitória na categoría Principiante feminino.
Antía Fernández ultimamente tamén está aboada o podio, pois na categoría Alevín feminino votaba a colleitar outro terceiro posto, mentras que a súa compañeira Saray Coimbra era 8ª. En masculino Diego Coimbra era 20º e Iker González 21º.
O 11º posto de Infantil era para Roi Alvarez e o 19º para Aitor Rodríguez.
Ramataba a categoría Cadete con Unai Fernández 6º, o mesmo que a fémina Irene Rodríguez que tamén facía 6ª.
No hay comentarios:
Publicar un comentario