A tarde de onte sábado foi a da organización do XXXI TROFEO PISTA DE AS FAIAS por parte da nosa entidade o Club Ciclista O Rosal cun total de 180 participantes de Galicia e o veciño Portugal. Nesta tarde repartíanse un total de 33 trofeos dos que 10 quedaban para @s integrantes do noso clube, trofeos que serían entregados polo concelleiro Roxélio Fernández, o noso Presidente de Honra Gerardo Álvarez, o presidente da Comunidade de Montes de San Xoan de Tabagón Argimiro Martínez, o directivo da F.G.C. Óscar Sanchez e a nosa tesoureira Belén Fernández.
Mentras tanto en Mondariz disputábase o Campionato de Galicia de Pump Track, donde a nosa Master 30, a rosaleira Bea Vicente debutaba nesta especialidade e se facía coa Medalla de Ouro.
Voltamos as Faias para comentar o acontecido nas distintas categorías, comenzando pola de Promesa feminina donde chegaba o primeiro dos podios da xornada con Luna Villanueva no terceiro posto, seguida inmediatamente pola nova “fichaxe” e debutante Aylen Sueiro no 4º posto, Elisa Vázquez 6ª, a tamén debutante Aysel Sueiro 7ª e Alba González 8ª. En masculino os dous primeiros postos tamén eran “rosaleiros” coa vitória de Iván Lázaro, o segundo posto dun gran Darío Castro, o 6º de Roi Fernández, 15º de Hugo Torres, 16º de Simón Amaro, 20 de Aitor Castro e 22º de Lucas Pérez.
En Principiante tamén repetíamos primeiro e segundo con Lucía González e Alba Rascado respectivamente. Pola banda masculina a fín Marco Rodríguez acadaba a ansiada vitória o dominar na xincana como na proba de fondo. Pola súa parte Lucas Amaro facía 9º.
En Alevín presenciamos a gran carreira de Antía Fernández que se marchaba coas corredoras infantís, deixando as súas riváis sen opción e facendose cun gran triunfo. A sú compañeira Saray Coimbra clasificaba 7ª. En masculino os rosaleiros entraban en dou grupos, no primeiro deles cruzaban a liña de meta Iker González, Mateo Rodríguez e Diego Coimbra nos postos 15º, 16º e 17º respectivamente. No segundo grupo entraban Tiago Cedeira 22º e Aitor Gil 23º, este último vítima dunha avería mecánica.
Chegamos a categoría Infantil donde nos vemos na obriga de resaltar outra nova xesta de Roi Álvarez e a gran prestación de Aitor Rodríguez nunha carreira que comenzaba con este último dominando as dúas primeiras voltas en compañía de Roi. A falta de seis volta a Pista das Faias, Roi decidía efectuar un poderoso ataque o que os seus riváis non eran quen de dar resposta, para desta maneira entrar na liña de meta con case media volta de vantaxe.
Rematamos coa categoría Cadete cos dous derradeiros podios da xormada, o primeiro deles da man da fémina Irane Rodríguez que desexosa de agradar o seu público, se facía cunha gran segunda posición mentras que en masculino outra brillante actuación de Unai Fernández facía que se fixese co terceiro posto.
Como sempre non nos queda outra que agradecer a presenza de tódolos equipos e deportistas participantes, así como a colaboración da nosa “gran familia” que coa súa axuda nas distintas áreas, fixeron que este XXXI Trofeo Pista de As Fais voltase a ser outro éxito.