Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 13 de agosto de 2023

IVÁN LÁZARO E ROI ÁLVAREZ CONTINÚAN COLLEITANDO PODIOS


Comenzamos onte sábado no XXII Gran Premio Concello de Cambre coa categoría Promesa na que Roi Fernández se facía co 5º posto, mentras que en Alevín o 17º era de Diego Coimbra. Nas féminas Antía Fernández quedaba as portas do podio o rematar na 4ª posición, mentras que a oitava era para Saray Coimbra.

O que segue en racha e domostrando o seu gran estado de forma é Roi Alvarez que leva tres carreiras seguidas sen baixar do podio e que na tarde de onte se facía de novo con outra vitória na categoría Infantil, secundado polo seu compañeiro Aitor Rodríguez que era 16º.

Remataba a nosa participación coa Cadete Irene Rodríguez que acadaba a 8º praza.

Na mañá de hoxe na localidade ourensá de Maceda disputabase o XVII Mini BTT desta vila na que Iván Lázaro estaba de novo no podio da categoría Promesa co segundo posto acadado. Roi Alvarez sería 14º .

Na categoría Benxamín Lucas González facía 13º, mentras que a súa irmá Rosalía era 11º e Alba González 14º en féminas.

O 11º posto era tamén para Lucía González na categoría Principiante, mentras que en Alevín o 50º era de Iker González e o 53º de Tiago Cedeira.

CAMBRE

MACEDA

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario