Esta foi unha prolífica fin de semana na cidade olívica, donde no XLIX GRAN PREMIO CICLISTA CIDADE DE VIGO, a nosa representación "acarretou" para terras "rosaleiras" un total de sete podios.
No sábado comenzábase pola categoría Promesa cunha nova vitória de Iván Lázaro, seguido moi de perto por Roi Fernández que facía 6º. Un chisco máis retrasados clasificaban Hugo Torres 9º e Simón Amaro 16º. Mentras tanto en féminas Elisa Vázquez facía 7ª e Alba González 8ª.
O segundo dos podios chegaba da man de Lucía González en Principiante, con Alba Rascado no 4º. En masculino gran posto tamén para Marco Rodríguez que tamén subía o podio no terceiro "caixón".
En Alevín de novo Antía Fernández facía unha moi boa prestación que tiña como recompoensa o trofeo do segundo posto, mentyras que Saray Coimbra facía 9ª. En masculino o primeiro rosaleiro era Mateo Rodríguez 13º con Iker González 16 e Diego Coimbra 17º.
Quinto podio consecutivo para Roi Alvarez que se facía cunha brillante vitória na categoría Infantil. Por detrás entraba Aitor Rodríguez 23º clasificado.
En Cadete merecidísimo segundo posto de Irene Rodríguez que levebe toda a tempada na procura deste podio. En masculino Unai Fernández Remataba 10º.
Na mañá de onte domingo, de novo en Vigo con Cronoescalada o Monte Castro incluída, Irene voltaba a facerse co segundo posto mentras que Unai subía dous postos con respecto o sábado e facía 8º.
Para este vindeiro sábado 26 o Club Ciclista O Rosal organiza o XXXI TROFEO PISTA DE AS FAIAS en Tabagón e alí vos esperamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario