Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 3 de septiembre de 2023

A NOCTURNA DE PORRIÑO E MINI BTT DE CAMBRE

Contamos con tres novo podios na tarde-noite de onte na Nocturna de Porriño con Lucía, Antía e Roi.

En Promesa 5º posto de Roi Fernández, 8º de Hugo Torres e 11º de Simón Amaro. En féminas 5º de Luna Villanueva, 6º de Aylen Sueiro, 8º de Aysel Sueiro, 9º de Elisa Vázquez e 10º de Alba González.

En Principiante 9º para Marco Rodríguez e 18º de Lucas Amaro. A fémina Lucía González colleitaba o primeiro dos podios da xornada o rematar no segundo posto, acompañada de Alba Rascado na 4ª posición.

En Alevín nova vitoria de Antía Fernández que parece terlle collido o "tranquillo" para estar sempre nas primeiras posicións. Pola súa parte Saray Coimbra era novena, mentras que en masculino o irmán desta última, Diego Coimbra facía 21º en masculino.

De novo o caixón máis alto do podio era para Roi Alvarez gracias a súa vitória na categoría Infantil.

Cuarto posto de Irene Rodríguez en Cadete con Unai Fernández 8º en masculino.

Na mañá de hoxe no Mini Btt Concello de Cambre anotamos o 26º posto de Mateo Rodríguez en Alevín e o 13º de Roi Alvarez en Infantil.

PORRIÑO

CAMBRE
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario