Na categoría Promesa Roi Fernández facía 4º e Hugo Torres 5º, mentras que en feminino dende a cuarta ata a iotava posición eran das nosas rapazas con Aylen Sueiro, Luna Villanueva, Elisa Vázquez, Aysel Sueiro e Alba González.
Segundo posto de Lucía González e terceiro de Alba Rascado en Principiante feminino acompañadas do 3º de Marco Rodríguez e o 11º de Lucas Amaro.
En Alevín 16º para Diego Coimbra e 18º para Tiago Cedeira. En féminas Antía Fernández confirmaba a súa gran tempada con outra vitoria mentras que Saray Coimbra era novena.
Fantástica despedida da categoría Infantil para Roi Alvarez, consagrandose como o gran dominador da mesma, xa que dende mediados da tempada non baixou do podio e desta vez o facía con outra vitoria. Pola súa parte Aitor Rodríguez sofría problemas mecánicos que non lle deixaban ir máis alá do 11º posto.
En Cadete quien tamén tiña problemas o romper o cable do cambio e non poder facer uso do mesmo era Unai Fernández que a pesares de todo remataba na sexta posición mentras que a súa compañeira de categoría Irene Rodríguez colleitaba o cuarto posto.
Por outra banda na mañá de hoxe tamén se competía en Santiago no Mini Btt da capital de Galicia con Rosalía González 14ª en Benxamín e Aitor Castro 23º e Lucas González 24º en masculino.
En Promesa o 4º posto era para Iván Lázaro, o 24º de Roi Fernández e o 30º de Simón Amaro.
En Principiante 17º lugar para Lucas Amaro.
Remataba a categoría Alevín con Xoel González no 19º posto, Aitor Gil no 28º e Mateo Rodríguez no 32º.
No hay comentarios:
Publicar un comentario