Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 9 de mayo de 2010

XII Trofeo de Santiago


Raúl Fernández está a ter un inicio de tempada que "mete medo" xa que no día de onte voltou a gañar nunha carreira moi dura polas inclemencias climaticas nos arredores do Estadio de San Lázaro na categoría Infantíl. Salientar tamem a labor de Andrés Fernández que despois de dominar a meirande parte da carreira, pagou o esforzo e tuvo que acontentarse co 6º posto e Cristóbal Coimbra que quedou 10º.
Na categorìa Benxamín Mario Fernández quería imitar o seu irmán Raúl e tamén conseguiu subir o Podio facendose co 3º posto, David Rodríguez 18º, Iago Alvarez 19º e Irea Villa 26ª completaron a lista xa que non dispoñemos da casificación completa e nos faltan os resultados de Marcos Vasconcellos e Alberto García.
En Alevíns 14º foi Manuel Dorna, 20º Ero Sobrino e 21ª Zaida González.
En Cadetes Podio tamén para Manuel González co 3º posto, 4º António Portela e 9º Alejandro Lomba.
Os dous representantes na categoría Junior quedaban en Rois para disputar alí o Trofeo San Isidro desa localidade coruñesa acadando Miguel Rodríguez o posto 11º e Brais González non coseguiu clasificarse.
Comentar que de momento non dipoñemos de fotos destas carreiras xa que o "redactor" deste Blog non estaba presente por atoparse en Badajoz animando o Mecalia-Atletico Novás que disputou alí a fase de ascenso a división de prata do balonmán español, obxetivo que non poido acadar xa que onte sabado caía diante do F.C. Barcelona B e na xornada de oxe acontecía o mesmo cos locais do Pínes-Badajoz. Dinde aquí facemos esta pequena incursión no balonmán para apoiar o Novás xa que como equipo rosaleiro como o C.C. O Rosal-Hermanos Ozores conta con todo o noso apoio. Forza Novás e Forza C.C. O Rosal.
P.D.: Xa van chegando esas fotos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario